Veto do PP a unha Pacto por unha sanidade pública e universal

Veto do PP a unha Pacto por unha sanidade pública e universal

Veto do PP a unha Pacto por unha sanidade pública e universal

enfermerasA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, criticou hoxe o veto do PP a unha proposta expresa de Pacto pola Sanidade feita polos socialistas para “garantir orzamento para un sistema sanitario público e universal goberne quen goberne”. Así o dixo logo de que o PP rexeitara unha moción socialista a favor da sanidade pública.

Acuña chamou ao PP a “sentarnos a falar” para analizar as “necesidades orzamentarias reais” do sistema sanitario público, si ben a oferta foi rexeitada polo rodillo parlamentario da maioría do PP. Acuña lamentou que “todo o sufrimento aplicado ao pobo galego e o deterioro da nosa sanidade pública non vai servir mais que para pasar de 8 a 10 consellerías no goberno galego.

Alertou así da nula repercusión no sistema sanitario dos recentes cambios no goberno galego, que incluíron o cese da conselleira de Sanidade, malia o que “todo segue igual” na política sanitaria de Feijóo. O veto a esta proposta, dixo, da “a medida do compromiso do suposto cambio nas políticas da Consellería de Sanidade”.

Acuña propuxo cinco medidas “reais, posibles e de consenso” que “sobre todo son imprescindibles para demostrar que queren cambiar e que ademais a recuperación que anuncian non se vai quedar en contar con dúas consellerías mais”. A iniciativa socialista incluía a derrogación do decreto de sostenibilidade do SNS garantindo así a sanidade universal.

Incluía tamén paralizar as privatizacións sanitarias previstas polo goberno de Feijoó e “comezar a planificar a reversión de todas as que leva feitas”, nomeadamente o novo Hospital privado de Vigo.

Os socialistas galegos esixiron repor os cadros de persoal do sistema sanitario público, devolvéndolles as condicións laborais e salariais, recuperar o Plan de Mellora da Atención Primaria e garantir as necesidades orzamentarias do sistema sanitario para garantir a súa sostenibilidade.

Amancio Ortega

A deputada socialista fixo alusión durante a súa intervención á recente doazón de 17 millóns de euros á sanidade pública galega a través da Fundación Amancio Ortega, e chamou ao PP a ter “coidado, non vaia ser que os galegos e galegas comecen a votar a Amancio Ortega, non vaia ser quen resolva os seus problemas”.

Acuña desbotou a proposta do portavoz de Sanidade do PP de cambiar a sostenibilidade do sistema sanitario pola “solvencia”, e lembroulle que “solvente era o Tío Gilito, pero non gastaba un peso”, en referencia á personaxe de Disney.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar