Veto do PP a rematar coa "becarización" do mercado laboral

Veto do PP a rematar coa "becarización" do mercado laboral

Veto do PP a rematar coa “becarización” do mercado laboral

A deputada socialista Noela Blanco defendeu esta mañá a necesidade de “rematar urxentemente coa becarización do mercado laboral”, que pola “mala xestión” do Goberno galego “xa non é unha pequeña fase que pasan os mozos e mozas ó incorporarse ó mercado laboral, senón unha enfermidade crónica”. A deputada socialista presentou esta proposta nunha moción debatida no Pleno do Parlamento e que foi vetada no pleno polo Partido Popular.

Blanco sinalou que a “becarización da man de obra xuvenil” ten graves consecuencias estruturais, como “a taxa de emancipación máis baixa de España só por detrás de Canarias”, a “fuga de cerebros”, e “a perda de 125.000 asalariados menores de 35 anos dende que Feijóo é presidente”. O que está a conducir a “unha tremenda fenda salarial entre os mozos e os maiores, igual que entre os homes e as mulleres”.

Recordou que “o 61% dos bolseiros do noso país non teñen ningún tipo de remuneración, e o 72% teñen a mesma carga de traballo que os seus compañeiros”, polo que “estamos a vivir un fraude de lei no que os bolseiros acaban sendo traballadores”.

Unha realidade “recoñecida pola Confederación de Empresarios de Galicia pero non pola Xunta”, que “parece dar datos do Instituto galego da fantasía” e provoca que “precariedade laboral, desemprego ou emigración” sexan “as tres opcións sociolaborais da mocidade deste século”.

“Despiden ós pais e nais que tiñan dereitos para contratar en precario ós seus fillos e fillas, e esta desigualdade hai que combatela dende un amplo consenso político e social” apuntou.

Para rematar con esta “precariedade” os socialistas propoñen a creación dun Observatorio que permita coñecer “o alcance da becarización do mercado laboral en Galicia” e o impulso dun Plan de Emprego Xuvenil froito do consenso, recordando que o goberno galego reduciu un 28% os orzamentos de promoción do emprego e deixou sen gastar 34 dos 39 millóns do Plan de Garantía Xuvenil.

O Grupo Parlamentario Socialista aposta tamén polo fomento da formación profesional a través de plans dirixidos a persoas desempregadas e con contratos a tempo parcial, e pola transformación de contratación temporal en indefinida e da xornada parcial en completa, defendendo que ”a administración non pode estar regalando subvencións para contratación que non garantan a estabilidade no emprego”.

Peticións ó Goberno de España

Os socialistas instan á Xunta a solicitar ó Goberno de España que o Estatuto dos Traballadores inclúa “unha definición estrita da condición de bolseiro”, onde “quede clara a vinculación a programas de formación sen sustituir postos de traballo e se garantan as cotizacións á Seguridade Social”.

Consideran tamén imprescindible que o Goberno central incremente os recursos para políticas activas de emprego transferidos á Comunidade Autónoma, analice e corrixa os aspectos que levaron á precarización dos contratos de bolseiro, e intensifique as campañas de Inspección de Traballo para garantir “o cumprimento dos requisitos esenciais desta modalidade contractual”.

Nesta liña, Noela Blanco recordou a vixencia dunha “contratación realizada a través da administración pública galega cunha empresa que incumpre os puntos máis básicos do Estatuto dos Traballadores”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar