Veto do PP a pedirlle ao Consello de Contas un informe sobre a privatización de servizos en Benestar

Veto do PP a pedirlle ao Consello de Contas un informe sobre a privatización de servizos en Benestar

Veto do PP a pedirlle ao Consello de Contas un informe sobre a privatización de servizos en Benestar

Consello de ContasA deputada socialista Carmen Gallego reclamoulle hoxe ao Consello de Contas a elaboración dun informe sobre contratación ou externalización de servizos por parte da Consellería de Traballo e Benestar. Esta proposta foi presentada no debate do plan de traballo do ente para o ano 2015 que tivo lugar hoxe en Comisión e foi vetada polo PP.

A responsable socialista lamentou que o PP teña impedido que o ente fiscalizador compare os custes que supón para os galegos e galegas a contratación a empresas privadas dos servizos sociais que presta esta Consellería. Estes abranguen prazas infantís, centros de residencias de persoas maiores ou mesmo prazas de atención á discapacidade.

Deste xeito impide que o goberno galego teña que xustificar a súa decisión de contratar coa empresa privada cando a propia Lei “prioriza claramente a xestión directa polo sector público ou polos seus entes asociados, como o Consorcio Galego de Benestar ou entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro”.

Tamén reclamou un informe sobre os efectos económicos para os concellos galegos da reforma da Lei de Administración Local que lle retira aos concellos de menos de 20.000 habitantes as competencias en materia de servizos sociais en favor das deputacións provinciais.

Esta proposta tamén foi rexeitada polo PP, facendo ouvidos xordos ao “caos” que está a provocar esta normativa, pola que os habilitados nacionais –interventores e secretarios- están bloqueando calquera tipo de contratación de persoal que desempregue tarefas sociais diante do risco de vulnerar a lei estatal.

Os socialistas tamén propuxeron un informe sobre os criterios de concesión de axudas e convenios da Xunta coas entidades locais e entidades dependentes, diante da “posible ilegalidade” dos criterios do goberno galego para concedelos.

Gallego sinalou que o único criterio do goberno, que concede as axudas en función da orde de entrada e ata a finalización do crédito, ten “difícil xustificación como factor obxectivo, avaliable e non discriminatorio”, xa que beneficia a quen antes coñeza e presente a solicitude.

Iniciativas aprobadas

O Parlamento aprobou por unanimidade a proposta socialista para pedirlle ao Consello de Contas que incorpore un informe sobre o cumprimento das cláusulas de Responsabilidade Social Corporativa cando figuren nos procesos de contratación levados a cabo polo sector público autonómico.

Tamén incorporou ao Plan de Traballo do Consello de Contas unha recomendación socialista para adiantar a presentación do seu plan anual ao mes de outubro do ano anterior para permitir a incorporación das recomendacións realizadas pola Cámara.

Explicou que o Plan de Traballo correspondente ao ano 2015 está a ser debatido no mes de abril no Parlamento, co que o ente ten catro meses menos para atender ás recomendacións da Cámara.

Recomendacións presentadas polo Grupo Socialista aprobadas hoxe:

Recomendación nº 1

O Parlamento de Galicia insta ao Consello de Contas a presentar os próximos plans anuais de traballo no mes de outubro anterior ao do exercicio do que se trate, co fin de que neles poidan ser incluídas con suficiente antelación as recomendacións aprobadas pola Cámara autonómica.

Recomendación nº 7

O Parlamento de Galicia insta ao Consello de Contas a realizar un informe sobre a adecuación á normativa en vigor en relación ás cláusulas de Responsabilidade Social Corporativa cando figuren nos procesos de contratación levados a cabo polo sector público autonómico e as entidades locais e, no seu caso, a súa incidencia real en tales procesos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar