Veto do PP a incrementar a labor inspectora contra a fraude fiscal de empresas e grandes fortunas

Veto do PP a incrementar a labor inspectora contra a fraude fiscal de empresas e grandes fortunas

Veto do PP a incrementar a labor inspectora contra a fraude fiscal de empresas e grandes fortunas

Méndez RomeuO portavoz do Grupo socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe a Xunta e PP de “fuxir das súas responsabilidades” ao rexeitar unha proposta socialista para incrementar a labor inspectora contra a fraude fiscal de empresas e grandes fortunas. A iniciativa foi presentada na Comisión de Economía celebrada hoxe e reclamaba o incremento da loita contra a fraude fiscal da Axencia Tributaria de Galicia.

O responsable socialista criticou que “malia amosarse de acordo na teoría, na práctica o PP e o goberno galego tentan fuxir das súas responsabilidades”. Puntualizou que o compromiso “nótase na última amnistía fiscal ou que o seu propio grupo entre en irregularidades fiscais, como onte recoñeceu por primeira vezo propio presidente da Xunta”.

Méndez Romeu advertiu da “rebaixa no celo inspector e a eficiencia da Axencia Tributaria de Galicia”, provocando na cidadanía a “clara percepción de que están soportando unha crise mal xestionada polo goberno, ademais do groso da fiscalidade, en detrimento das rendas de capital”. A posición do PP, puntualizou, “non axuda en nada para que os cidadáns asuman que están a facer todo o necesario na loita contra a fraude”.

O responsable socialista explicou que mentres a economía somerxida supón o 25,6 por cento do total da economía galega, aproximadamente 14.000 millóns de euros que aumentaron ao longo da crise, as recadacións por fraude fiscal reducíronse dende os 150 millóns de 2013 aos 50 recoñecidos en 2013 polo Plan especial de control da Axencia Tributaria de Galicia –Atriga-.

Mentres as figuras impositivas dependentes da Xunta suman 600 millóns de euros, a recadación por inspeccións tan só aumentaron un 2,5 por cento, o que “denota baixa eficiencia” que contrasta co incremento da economía opaca. Ademais, as comprobacións fiscais diminuíron das 229.000 rexistradas en 2013 ata as 115.000 en 20014.

Isto únese a que dous terzos corresponden a fraude fiscal e un terzo a fraude laboral, mentres o 90 por cento dos ingresos fiscais proceden das persoas físicas ou impostos indirectos e as empresas só aportan o 10 por cento. Ademais, as Pemes cotizan nun 17 por cento, as grandes empresas nun 3,5 por cento e as multinacionais “practicamente non cotizan”.

Destes datos deriva a percepción social de que quen defrauda son as grandes fortunas e as grandes empresas transnacionais, mentres somentes o dous por cento da fraude é atribuíble ás persoas físicas.
Proposta

Méndez Romeu critica así o veto do PP á proposta socialista destinada a “incrementar a loita contra a fraude fiscal que leva a cabo a Axencia Tributaria de Galicia e presentar ante o Parlamento un informe previo á aprobación dos plans anuais de control tributario”.

Este informe debera establecer os obxectivos xerais e singularizados para cada figura tributaria, “aumentando substancialmente a información facilitada, afondando no seu grao de precisión e cuantificación, á vez que dar conta do grao de execución obtido en cada exercicio económico”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar