Veto do PP a garantirlle traballo a 10.000 persoas ao ano en Galicia

Veto do PP a garantirlle traballo a 10.000 persoas ao ano en Galicia

Veto do PP a garantirlle traballo a 10.000 persoas ao ano en Galicia

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Noela Blanco, criticou hoxe o “cinismo e hipocresía” do PP ao vetar as medidas de impulso do emprego propostas polos socialistas galegos logo de anunciar a creación de 20.000 postos de traballo. Así o dixo no debate dunha moción socialista neste sentido que foi rexeitada polo PP.

Blanco acusou ao PP de “mentir” e mesmo de “rirse dos galegos e das galegas” ao anunciar unha suposta caída do desemprego para “agochar que a realidade é que hoxe temos 155.750 persoas ocupadas menos que en 2008”. Sinalou ademais que a xestión do PP provocou que o 90 por cento dos novos postos de traballo sexan precarios e que o número de empregadores teña diminuído un 30,4 por cento.

A deputada socialista reclamoulle ao PP “a mesma solidariedade cos traballadores desempregados que amosou co presidente da Xunta, defendendo que se subira o salario un 7,5 por cento mentres en Galicia temos o cuarto salario medio máis baixo de España”. Lembrou así as últimas cifras de paro, que revelan que o desemprego medrou un 2,32 por cento en Galicia no último mes, catro veces máis que no resto do Estado.

Os socialistas galegos reclamaran hoxe incentivar a contratación de 10.000 persoas por ano, a posta en marcha dun plan de retorno do talento cun investimento mínimo de 10 millóns de euros anuais, e recuperar nesta lexislatura o orzamento dedicado a políticas activas de emprego ata chegar a niveis de 2009.

Ademais, nesta proposta instaba á Xunta a solicitar do Goberno de España a derrogación da reforma laboral e a reapertura dun proceso de diálogo social para actualizar o Estatuto dos Traballadores, promover unha lei de igualdade salarial entre homes e mulleres e incrementar os recursos para políticas activas de emprego transferidos a Galicia ata acadar a cifra de 2011.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar