Veto do PP a estender o Bacharelato Internacional en Galicia

Veto do PP a estender o Bacharelato Internacional en Galicia

Veto do PP a estender o Bacharelato Internacional en Galicia

IES MilladoiroO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, lamentou hoxe o veto do PP a estender a modalidade de Bacharelato Internacional ás catro provincias galegas. No debate dunha proposición non de Lei na Comisión de Educación, lamentou o “non a todo” do PP, ao que tildou como “o partido do non”.

O responsable socialista reclamaba a extensión do modelo de Bacharelato Internacional a distintas zonas e centros de Galicia, para facilitar a súa accesibilidade en igualdade de oportunidades ao alumnado das catro provincias. Este tipo de educación secundaria hoxe tan só é impartido en catro centros, os IES Rosalía de Castro de Santiago e Do Castro en Vigo, e os colexios privados Obradoiro e Marcote.

A realidade é que hoxe, dixo, os alumnos de Lugo e Ourense non teñen ningunha posibilidade de acceder a esta modalidade, polo que reclamou a posta en marcha de novos centros que o impartan. Ademais solicitou unha distribución “xusta e racional nas catro provincias galegas” e poida chegar por igual ao alumnado das cidades grandes e medianas”.

Vicente Docasar apostou por potenciar un modelo de bacharelato con un grao de esixencia “moi alto” que permite aos alumnos acceder a uns coñecementos e habilidades “superiores aos dos seus compañeiros do bacharelato convencional”. Sen embargo, debido ás súas características e ao limitado da oferta, é percibido como “un bacharelato elitista para o alumnado brillante”.

Engade que “precisamente por iso sería bo poñelo ao alcance de mais estudantes, en mais lugares de Galicia e que a renda das familias non marcara o aceso a este tipo de estudos”. Ademais sinalou as dificultades de encaixe co Bacharelato convencional, que “implica que na maioría das materias os profesores teñen que impartir programas distintos e preparar ao alumnado de forma distinta”.

O parlamentario socialista instou ademais ao goberno galego a poñer en marcha “medidas mais ambiciosas” para impulsar o ensino en idiomas e “facilitar ao alumnado de familias medias e humildes estadías en países estranxeiros nos períodos vacacionais dos nosos estudantes”.

Así, propuxo dotar aos centros “dos medios humanos e materiais necesarios para poder impartir con garantías as clases de linguas estranxeiras, como a dotación de laboratorios, desdobres nas clases de idiomas estranxeiros ou aumento dos auxiliares de conversa”. Estas medidas facilitaríanlle ao profesorado de idiomas a formación continua e aos alumnos a capacidade de optar a estadías en países estranxeiros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar