Veto do PP á comparecencia de Feijóo sobre o baixo crecemento económico e o presunto financiamento ilegal do PP

Veto do PP á comparecencia de Feijóo sobre o baixo crecemento económico e o presunto financiamento ilegal do PP

Veto do PP á comparecencia de Feijóo sobre o baixo crecemento económico e o presunto financiamento ilegal do PP

Méndez Romeu Xunta PortavocesO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe o veto do PP e do goberno galego á solicitude de comparecencia de Feijóo para dar conta do escaso crecemento do PIB de Galicia, o mais baixo de España de acordo cos últimos datos. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces do Parlamento que fixou a orde do día do Pleno da próxima semana.

O responsable socialista explicou que o baixo crecemento económico de Galicia deriva do “fracaso da política económica do goberno galego”, que reduciu ao mínimo a execución orzamentaria, o investimento e os gastos de capital, provocando un menor medre do PIB. Ademais, lembrou que o crecemento, do 0,5 por cento do PIB, sitúase moi por debaixo do 1,2 previsto polo goberno galego e do 1,4 da media estatal.

Méndez Romeu advertiu que a situación económica de Galicia “ben merece que Feijóo faga unha excepción na súa traxectoria de fuxida do Parlamento e compareza”, logo de que o PP vetara a solicitude feita polos socialistas galegos.

O grupo maioritario tamén vetou a solicitude de comparecencia para dar conta do auto do xuíz Ruz que fai referencia ao suposto financiamento ilegal do PP e o papel desempregado por Pablo Crespo sendo secretario de Organización deste partido en Galicia. Sinalou que o auto pon en cuestión a credibilidade e a integridade deste partido que silencia o debate aínda que o propio Crespo fora no seu día subordinado a Feijóo.

Méndez Romeu explicou que os socialistas galegos dedicarán a sesión de control ao presidente a preguntarlle polas oportunidades que lle ofrece Galicia ás persoas novas, obrigando ás xeracións mellor formadas da historia a emigrar para buscar traballo.

O Pleno da próxima semana incluirá ademais unha moción do Grupo Socialista sobre o desleixo do goberno galego á hora de presentar proxectos económicos destinados a captar o investimento anunciado no entorno do Plan Juncker de revitalización económica. As interpelacións presentadas polos socialistas centraranse ademais sobre a política de vivenda do goberno e a diminución de recursos de loita contra a fraude fiscal.

Os socialistas galegos presentarán unha proposición non de Lei sobre as dificultades impostas polo goberno galego para acceder á vacina da meninxite tipo B, que ademais de non ser incluída no calendario está prohibida a súa venda nas farmacias da Comunidade Autónoma, obrigando aos pais e nais a “peregrinar a Portugal” para conseguila.

Tamén será debatida unha proposición non de Lei para que o goberno galego impulse a normativa de desenvolvemento da Lei LGTBI que permita a súa aplicación, xa que, dixo, “está moi bn aprobar estas leis, pero cumpre acelerar a normativa que permite tamén a súa aplicación”. Ademais, os socialistas solicitarán a través dunha moción un plan de urxencia ante a grave situación da lingua galega.

Finalmente, o Grupo Socialista preguntaralle ao goberno galego sobre as demandas do colectivo dos pensionistas emigrantes retornados, que “séntense burlados” logo de manterse “na mesma situación” acusados de fraude fiscal por non declarar a pensión da emigración malia que non estaban obrigados. Tamén preguntarán ao goberno galego sobre a instalación de varios servizos sanitarios no Barrio da Residencia de Lugo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar