Veto do PP á comparecencia de Feijóo para "facer fronte aos problemas do país"

Veto do PP á comparecencia de Feijóo para "facer fronte aos problemas do país"

Veto do PP á comparecencia de Feijóo para "facer fronte aos problemas do país"

PlenoO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, reclamou hoxe a comparecencia de Feijóo “para facer fronte aos problemas do país”. Así o dixo logo de que o PP vetara, na Deputación Permanente celebrada hoxe, un Pleno Extraordinario coa intervención do presidente da Xunta sobre a estratexia de loita contra a desigualdade, o desmantelamento de servizos públicos no rural, o sector lácteo e os incendios forestais.

Advertiu que o presidente da Xunta “carece de obxectivos e de vontade para resolver os problemas da sociedade”, a pesares da recentemente inaugurada axenda social de Feijóo “sen respaldo orzamentario e ben cativa en relación á magnitude dos problemas”. Advertiu que a súa única preocupación reside en “alimentar especulacións” sobre o seu futuro, para deixar a imaxe dun “presidente que quere fuxir canto antes”.

Méndez Romeu reclamou hoxe a comparecencia de Feijóo para dar conta do fracaso da súa política contra a desigualdade, logo de que tódolos informes, ata o presentado polo CES nas últimas rexións, evidencian que Galicia pasou de ter o 92 por cento do PIB da UE en 2009 ao 83 por cento, 9 puntos menos en tan só seis anos de goberno de Feijóo.

Explicou que o goberno galego ten amparado a “pobreza laboral” dos galegos e galegas, que provoca que o 9 por cento dos asalariados, 70.000 persoas, cobren 410 euros mensuais, e outro 11 por cento perciban 818 euros brutos. Isto supón que un de cada cinco traballadores galegos “atópase na pobreza aínda que teña un salario”.

O 30 por cento dos traballadores non chegan a ser mileuristas, evidenciando que “os que menos gañan son os que mais perden coa crise”, xa que as rendas baixas reducíronse un 23 por cento, 6 veces mais que as rendas mais altas. Criticou que a Xunta “non teña feito nada para paliar esta situación”, que “nin sequera forma parte das súas preocupacións”.

Sector lácteo

Méndez Romeu considerou insuficiente a comparecencia da conselleira de Medio Rural anunciada hoxe polo PP, e reclamou a presenza de Feijóo para dar conta diante do Pleno da situación do sector lácteo, o fracaso nas políticas de prevención de incendios e a supresión de servizos públicos no medio rural.

Criticou que a “falla de vontade” do goberno galego provoca que Galicia perda o liderado do sector do leite malia ter o 60 por cento da produción do Estado. Os socialistas advertiron que o sector afronta a peor crise dos últimos 30 anos, sen que o goberno teña feito “nada”.

Así, consideran “irrelevantes” as axudas anunciadas onte para apoiar ao sector fronte á desaparición do sistema de cotas, xa que mentres Francia compromete 600 millóns anuais “de partida” cando teñen o leite a 0,3 euros en orixe, en España, co prezo a 0,2 “cando se paga”, o goberno tan só anuncia axudas de 1,5 millóns, o que “sobrepasa con moito o ridículo”.

Tamén lamentou que o goberno galego “non teña moito que aportar” na política de prevención e extinción de incendios, log ode renunciar a presentar o Pladiga no Parlamento e desmantelar as brigadas de extinción “compostas en moitas ocasións por unha ou dúas persoas”. Denunciou que “utilizan en moitos casos ás brigadas como meros equipos de protección civil dos concellos pagados polos fondos da UE”.

Advertiu que “un ano mais, o único dispositivo real de loita contra o lume é a climatoloxía, e se esta axuda estarán controlados, se é adversa xa nos dirá a conselleira de quén é a responsabilidade”.

Finalmente, advertiu que “non existe nin existiu unha proposta clara de medidas correctoras da desertización demográfica” do medio rural, agravada coa desaparición de servizos médicos e educativos por toda a xeografía galega. Lamentou que “onte tres membros do goberno anuncian alegremente que Galicia perderá 1 millón de habitantes e o único que se lles ocorre é falar con Saxonia para pedirlle axuda á UE.

Angrois

Os socialistas galegos votaron hoxe a favor dunha solicitude de Pleno Extraordinario no que se poida debater a constitución dunha Comisión de Investigación sobre o accidente de Angrois. O deputado socialista Juan Carlos González Santín considerou “imprescindible” clarificar as causas do sinistro para “identificar erros, depurar responsabilidades e poñer as solucións técnicas pertinentes para que non se repita”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar