Veto do PP á comparecencia de Feijóo para explicar o seu fracaso nas políticas de creación de emprego

Veto do PP á comparecencia de Feijóo para explicar o seu fracaso nas políticas de creación de emprego

Veto do PP á comparecencia de Feijóo para explicar o seu fracaso nas políticas de creación de emprego

Méndez Romeu Xunta PortavocesO portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, José Luis Méndez Romeu, lamentou o veto do PP, unha vez mais, ás solicitudes de comparecencia do presidente da Xunta no Pleno do Parlamento. Os populares impediron que a Xunta de Portavoces celebrada hoxe incluíra no próximo Pleno a comparecencia de Feijóo sobre desemprego e para dar conta da súa mentira sobre a figura do mediador entre produtores de leite e industria.

O responsable socialista criticou que o presidente da Xunta eluda unha vez mais valorar o seu fracaso na xestión de políticas de impulso do emprego en Galicia, polo que os socialistas galegos incluirán unha moción precisamente sobre as políticas activas de emprego da Xunta, que “deixan moito que desexar”. Ademais, na sesión de control do Pleno reclamaralle a Feijóo unha valoración sobre a situación social de Galicia.

Méndez Romeu criticou que o PP teña vetado tamén a comparecencia de Feijóo logo de “faltar á verdade” no Pleno do Parlamento sobre a posta en marcha da figura do mediador entre os produtores e a industria láctea. Feijóo deu por feita esta figura, recomendada por Bruxelas para dar garantías aos produtores fronte aos abusos da industria, e que “en realidade non existe”.

Visita aos centros penitenciarios

Os socialistas levaron tamén á reunión da Xunta de Portavoces a proposta para organizar unha visita oficial do Parlamento aos centros penitenciarios galegos e comprobar in situ a situación real dos reclusos, logo das queixas recibidas polo Grupo Parlamentario.

Os socialistas galegos levaron esta proposta á Xunta de Portavoces logo de que a Delegación do Goberno impedira unha visita de dúas deputadas do PSdeG coa sorprendente alegación de que non eran deputadas no Congreso, e de que as mesas das comisións Institucional e de Política Social obviaran a proposta socialista de estender a visita a tódolos grupos parlamentarios.

Méndez Romeu lembrou que os reclusos permanecen en prisión condenados por ter cometido delitos, pero “iso non significa que poidan estar privados doutros dereitos”, e lembrou por exemplo que os servizos sanitarios penitenciarios non teñen acceso ás historias clínicas dunha poboación especialmente afectada por doenzas como hepatite ou sida.

Cada vez son máis as queixas que reciben os socialistas galegos, dixo, “en relación ás condicións de vida e a determinados problemas sanitarios ou de alimentación” que sufre este sector da poboación.

Violencia machista

Méndez Romeu explicou ademais que os socialistas galegos levarán ao próximo Pleno do Parlamento unha pregunta oral para que o conselleiro da Vicepresidencia dea conta do fallo nos mecanismos de prevención contra a violencia machista que derivou no asasinato dunha muller mentres estaba ingresada no CHOU a mans da súa parella.

Os socialistas galegos tamén presentarán unha moción sobre os pírricos resultados do concurso eólico promovido en 2010 por Feijóo logo de paralizar e anular o posto en marcha polo goberno encabezado polo socialista Emilio Pérez Touriño.

As proposicións non de Lei centraranse na demanda diante do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos contra de Noruega por discriminación por razóns de nacionalidade, e sobre o uso da lingua galega na xustiza. Ademais, o Pleno incorporará unha interpelación sobre a política de xuventude do goberno galego e unha pregunta oral sobre a reválida de terceiro de primaria.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar