Veto da TVG nas causas xudiciais que afectan ao presidente do Consello Consultivo

Veto da TVG nas causas xudiciais que afectan ao presidente do Consello Consultivo

Veto da TVG nas causas xudiciais que afectan ao presidente do Consello Consultivo

A portavoz de Xustiza do grupo socialista, Patricia Vilán, denunciou hoxe un “novo veto” da televisión pública nas informacións referidas ás causas xudiciais que afectan ao presidente do Consello Consultivo, José Luis Costa Pillado. A socialista preguntou os criterios para “ocultar á cidadanía galega calquera crítica” ao representante do máximo órgano de control da legalidade en Galicia.

 

Vilán apuntou que tras facer unha análise da web da CRTVG, os socialistas non atoparon “ningún tipo de noticia” relacionada nin coa súa declaración nos xulgados como investigado pola Operación Cóndor, nin coa sentenza xudicial na súa contra  por alterar as condicións laborais do persoal do órgano de forma “torpe e inxustificada”. O medio público tampouco informou sobre a rolda de prensa de Vilán na que o grupo socialista pediu o cese de Costa Pillado, a pesar de que a TVG estivo cubrindo esa comparecencia.

 

“Outra vez máis se mostra a manipulación por parte da CRTVG”, criticou a socialista, que trasladou a súa “alarma” ante as xustificacións do director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, quen asegurou que na redacción non se enteraron destes acontecementos e por iso non informaron sobre o tema. “Se é así, é dramático”, afirmou a deputada, que lembrou que este tema si foi tratado en todos os principais medios privados de Galicia e ata de España.

 

“Houbo tres noticias diferentes e non se enteraron de ningunha delas”, ironizou Vilán, que lembrou que non se xustifica a argumentación de que hai outros casos xudiciais que tampouco se cubren, xa que “non estamos a falar de calquera cargo público, senón do presidente do máximo órgano de control da legalidade en Galicia” e “non é unha filtración, senón información sobre citacións e sentenzas públicas”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar