Veto ás propostas contra a pobreza enerxética

Veto ás propostas contra a pobreza enerxética

Veto ás propostas contra a pobreza enerxética

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe o veto do PP á moción socialista para desenvolver un Plan integral que impida os cortes de subministro eléctrico, gas e auga nos fogares con dificultades económicas. O responsable socialista criticou a actuación “tarde, mal e pouco coordinada” da Xunta fronte a esta situación dramática.

Losada lamentou que o goberno galego teña “presumido” dunha “estratexia estremadamente pouco ambiciosa” ao conceder un total de 5.995 tiques eléctricos durante tres anos, ademais de evitar cortes de luz a 1.000 familias, cando Galicia ten un total de 37.000 fogares sen ingresos e 10.000 infravivendas.

Advertiu ademais que o goberno galego ten reducido a menos da metade as axudas a estes fogares mentres duplica o número de beneficiarios, que ven dividido dobremente este apoio. Así, pasan dos 2,6 millóns de euros para 7.000 fogares en 2016 a apenas 1,2 millóns para 13.748 fogares en 2017.

Acusou ao PP de actuar “con receo” fronte a tódalas propostas dos grupos parlamentarios malia que a nivel estatal teñan acordado iniciar medidas para frear a pobreza enerxética a iniciativa do presidente da FEMP, o socialista Abel Caballero. Losada lamentou que “o PP só sexa capaz de chegar a acordos cando está en minoría, xa que como vemos en Galicia aplican o rolo da súa maioría parlamentaria en contra da cidadanía”.

O responsable socialista criticou que en Galicia teñan posto en marcha medidas que paradoxalmente teñen que ser tramitadas de forma telemática. Preguntoulles “en qué país viven” para obrigar a “unha muller viúva semianalfabeta que vive soa no Concello de San Xoán de Río a cubrir algo telematicamente cando nin sequera ten cobertura de móbil” e suxeriu “coller o coche e facer uns quilómetros fora da AP-9” para “ver a realidade”.

Proposta

Os socialistas galegos propuñan un Plan integral contra os cortes de subministro de enerxía eléctrica, gas e auga aos fogares en dificultades, que integre as iniciativas parciais postas en marcha ata o momento.

Esta iniciativa incluía un programa coordinado contra a pobreza enerxética en colaboración cos concellos e financiado polas compañías enerxéticas, que obrigue a presentar un informe preceptivo e vinculante dos concellos antes de realizar calquera corte de subministro.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar