Veto á proposta para derrogar a redución inviable dos prazos xudiciais

Veto á proposta para derrogar a redución inviable dos prazos xudiciais

Veto á proposta para derrogar a redución inviable dos prazos xudiciais

A portavoz do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou hoxe unha proposición non de Lei para derrogar a redución dos prazos de instrución xudicial, que impón uns límites imposibles de facto. A proposta, respaldada por todos os sectores da Xustiza, foi vetada polo PP no último Pleno do período de sesións a pesares de que o propio ministro de Xustiza recoñece o problema.

A deputada sinala que “a fixación dun prazo para rematar as investigacións xudiciais vai ter un efecto adverso para os feitos delictivos e aos seus responsables”. Sinala que, como advirte a Unión Progresista de Fiscais –UPF-, “esta lei determinará a impunidade dunha boa parte de eles como consecuencia do establecemento dun prazo taxado de instrución”.

Vilán afirma que “todos os sectores da Xustiza rexeitan a lei, fundamentalmente porque calquera fiscal de Galicia, que ten uns 1.500 asuntos de media, se non ten sido informado polo Xulgado correspondente, é imposible que saiba que existen todas esas causas”. Puntualiza que “en xustiza a axilidade e importante”.

Sinala que “a Xunta debería sentirse interpelada e non debería permitir que, a través dunha argucia legal, gañe unha impunidade que lesionará aínda máis a confianza da cidadanía nas institucións públicas”.

Amnistía

Advirte que esta reforma “supón o requisito legal para provocar unha amnistía para as tramas político – empresariais que ateigan os xulgados”. Ademais, engade, “a lei esquece a situación de insuficiencia de medios persoais, materiais e dos axeitados recursos económicos para evitar na práctica a impunidade dos responsables e a amnistía destas tramas”.

Este artigo “que é puro maquillaxe” foi incluído na reforma que en outubro de 2015 fixo o goberno de Mariano Rajoy, reducindo tanto os prazos da instrución que resulta imposible a súa terminación dentro dos mesmos. Aplicarase con carácter retroactivo ao millón de sumarios abertos con anterioridade a aprobación da norma.

O artigo 324 da lei de Axuizamento Criminal establece que as dilixencias de instrución se practicarán durante o prazo máximo de 6 meses dende a data do auto de incoación do sumario ou das dilixencias previas. Non obstante, se o instrutor declara a instrución complexa, o prazo máximo será de 18 meses, que o instrutor poderá prorrogar por igual prazo ou inferior.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar