Veto a dignificar a quenda de oficio

Veto a dignificar a quenda de oficio

Veto a dignificar a quenda de oficio

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, criticou hoxe o veto do PP a unha proposta para dignificar as condicións laborais dos avogados da quenda de oficio e mellorar así a atención xudicial á cidadanía. A deputada socialista presentou unha proposición non de Lei coas demandas do Colexio da Avogacía que foi rexeitada polo PP “poñendo escusas baratas”.

A deputada socialista criticou, logo de coñecer o veto do PP, o “argumento peregrino” esgrimido por aquel Grupo, que asegurou “descoñecer a proposta presentada pola Avogacía galega” para xustificar a súa negativa a unha proposta de transacción presentada pola propia Vilán. Esta puntualizaba a modificación nas condicións laborais e mesmo adiando a 2017 o cumprimento da maioría das demandas da Avogacía.

Patricia Vilán advertiu que os avogados da quenda de oficio continúan hoxe coas mesmas condicións que en 2009, unha situación que “non lles compensa” e mesmo ocasiona perdas por exercer a quenda de oficio. Isto provoca que “os mellores avogados renuncien a participar deste servizo”, o que “vai en detrimento da calidade do servizo e do exercicio do dereito á tutela xudicial efectiva.

Os socialistas reclamaban así aumentar as retribucións por garda dos avogados, pasando de 102,73 a 120 euros, ou incrementar as visitas á prisión dos 19,85 euros actuais a 60, e aplicar a suba do IPC dende 2009 ao resto os conceptos. Dixo que se trata dunha “mellora non descabellada” que permitiría mellorar a atención xudicial a aquelas persoas que non dispoñen de fondos e polo tanto teñen que recorrer ao letrado de garda.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar