Veto á comparecencia de Feijóo para explicar o "fracaso" da súa política laboral e dar conta da viaxe a Cuba

Veto á comparecencia de Feijóo para explicar o "fracaso" da súa política laboral e dar conta da viaxe a Cuba

Veto á comparecencia de Feijóo para explicar o “fracaso” da súa política laboral e dar conta da viaxe a Cuba

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, criticou hoxe o veto do PP ás solicitudes de comparecencia do presidente da Xunta solicitada polos socialistas galegos para explicar o “fracaso” da súa política laboral e para dar conta dos resultados da última viaxe a Cuba. Gallego denunciou que o goberno galego cambia as comparecencias con “interese real” por un “desfile preelectoral”.

A deputada socialista criticou a estratexia da Xunta de enviar a comparecer aos seus conselleiros con criterios meramente electorais. Por este motivo, dixo, o Grupo Socialista presentará unha interpelación dirixida ao conselleiro da Vicepresidencia para responder da súa “política de destrución de emprego público”, nomeadamente en materia de sanidade, educación, servizos sociais ou emerxencias.

Neste sentido, dixo, os socialistas galegos presentarán unha pregunta oral sobre a falla de reposición do profesorado na calidade docente das universidades galegas. Tamén incluirán unha interpelación sobre a falla de saneamento das rías galegas por parte dunha Consellería de Medio Ambiente “reducida á nada” e unha pregunta oral sobre o futuro de Alcoa e os anuncios sobre a posible venda das plantas de A Coruña e San Cibrao.

As iniciativas de impulso incluirán unha moción sobre a política de prevención de incendios do goberno galego e dúas proposicións non de Lei para demandarlle ao goberno central a aplicación do IVE reducido para as actividades culturais e sobre os problemas xurdidos con motivo da posta en marcha das notificacións telemáticas a través do sistema LexNet na Administración de Xustiza.

Portavoz

En resposta a preguntas do xornalistas, Gallego destacou o xesto de Méndez Romeu á hora de retirarse da primeira liña, o que, dixo, “demostra a súa talla intelectual, política e persoal”, e sinalou o seu “orgullo” e “honra” por ter traballado no desenvolvemento da súa “gran laboura” como portavoz.

A deputada socialista descartouse como posible sucesora ao portavoz do Grupo Socialista hoxe dimitido José Luis Méndez Romeu, e anunciou un “paso atrás” para “facilitarlle ao novo candidato e á xestora escoller” unha dirección acorde. Explicou que como consecuencia da dimisión do político coruñés, tódolos membros da Dirección Permanente do Grupo Parlamentario teñen posto os seus cargos a disposición do partido.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar