Veto á comparecencia de Feijóo para dar conta da grave situación económica de Galicia

Veto á comparecencia de Feijóo para dar conta da grave situación económica de Galicia

Veto á comparecencia de Feijóo para dar conta da grave situación económica de Galicia

Méndez Romeu Xunta PortavocesO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, lamentou hoxe o novo veto do PP á solicitude de comparecencia do presidente da Xunta presentada polo PSdeG para dar conta da situación negativa da economía galega no ano 2014. Logo da reunión da Xunta de Portavoces, o responsable socialista criticou que Feijóo “segue sen dar a cara” logo de seis anos de goberno.

Criticou que o PP xulgue “irrelevante” que o Goberno galego compareza para dar conta “dos grandes asuntos que conforman a realidade do país” ao impedir a comparecencia de Feijóo ou a da conselleira de Traballo para dar conta do incremento de desempregados galegos sen prestación. Estes superan xa ao 50 por cento dos parados e paradas e demostran a “cronificación do desemprego” en Galicia.

O Pleno da próxima semana incluirá unha moción socialista sobre a fraude fiscal dirixida a presentar propostas para que a axencia tributaria “faga o traballo que non fai” na persecución da fraude. Tamén rexeita a amnistía fiscal que se está a demostrar como un mecanismo para permitir aos amigos do goberno eludir o fisco, logo de coñecerse a investigación contra o ex vicepresidente económico Rodrigo Rato.

A segunda das mocións socialistas centrarase na falla absoluta de política de vivenda no goberno galego, logo da interpelación presentada no Pleno anterior. Ademais será debatida unha proposición non de Lei para pedirlle ao goberno que paralice a privatización dos rexistros civís e a entrega dun “arsenal de datos sensibles” sobre a cidadanía ao corpo de rexistradores da propiedade.

Hemodinámica

O Pleno da próxima semana incluirá tamén unha proposición non de Lei para reclamarlle ao goberno galego que acepte o ofrecemento da Deputación Provincial de Lugo e para que lle permita a este órgano financiar o servizo de hemodinámica 24 horas no Hospital Lucus Augusti. A ausencia deste servizo en Lugo, básico en tódolos hospitais de referencia, coincide co feito de que a taxa de mortes por infarto na provincia duplique á media nacional.

Os socialistas galegos presentarán tamén unha interpelación sobre a situación do sector forestal galego e para reclamarlle á Xunta que recupere o diálogo e cambie a política cos sectores primarios. Sinalou as protestas dos sectores agrarios sobre o abandono do goberno e a falla de diálogo en materia agrogandeira e forestal.

Os socialistas empregarán a sesión de control ao presidente para preguntar polo apoio do goberno aos sectores produtivos galegos, e presentarán dúas preguntas orais sobre a situación dos servizos sociais en Corcubión e o elevado malestar polas eivas na implantación da FP básica nos centros educativos galegos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar