Verdes reclama incluír na Lei de Montes a regulamentación dos aproveitamentos para o pastoreo de gando en rexime de liberdade

Verdes reclama incluír na Lei de Montes a regulamentación dos aproveitamentos para o pastoreo de gando en rexime de liberdade

Verdes reclama incluír na Lei de Montes a regulamentación dos aproveitamentos para o pastoreo de gando en rexime de liberdade

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes rexistrou unha proposición no Parlamento de Galicia na que reclama á Xunta incluír no anteproxecto de Lei de montes a regulamentación normativa dos aproveitamentos do monte para o pastoreo do gando en réxime de liberdade ou semiliberdade, para que se estableza un marco legal axeitado que regule esta actividade.

Verdes lembra que a Consellaría do Medio Rural asegurou que os curros que teñen un importante interese dende o punto de vista turístico, poderán celebrase sen que os cabalos teñan o chip de identificación e que a Xunta presionará para cumprir coa lei.

A portavoz socialista argumenta que en Galicia esta normativa esta regulada por un decreto polo que se establecen entre outras normas que regulan o rexistro e identificación dos animais equinos e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Equinas.

Verdes advirte tamén que o gando mostrenco que se atopa en situación irregular causa numerosos incidentes, e incluso é motivo de accidentes de tráfico e retensías entre veciños que son causa en moitos casos de lumes intencionados.

Así as cousas a deputada socialista reclama, na iniciativa rexistrada, que o aproveitamento privativo para pastoreo de parte do monte veciñal en man común por asignación a un veciño ou veciños comuneiros necesitará do acordo ou autorización da asemblea de comuneiros ou das persoas propietarias do monte, deberá respectar os instrumentos de xestión forestal vixentes, e o gando deberá estar axeitadamente identificado.

Tamén solicita que se estableza a Consellaría do Medio Rural coma o órgano competente para proceder ao decomiso e retirada dos montes do gando que non estea correctamente identificado ou saneado. Verdes reclama promover a ordenación do uso extensivo e sostible dos recursos pastables do monte galego, e esixe que se establezan axudas para a instalación de peches para manexo do gando e para o mellor aproveitamento do pastoreo baixo arboredo, co fin de evitar os danos que causa o manexo inadecuado do gando mostrenco.

Dotación orzamentaria

A portavoz socialista pide desenvolver tódalas actuacións necesarias que permitan garantir e facilitar a identificación do gando equino en cumprimento da normativa, e ademais que se implementen as seguintes medidas: regular a participación do persoal veterinario oficial da consellaría competente en materia de Sanidade e Producción Animal e achegar a suficiente dotación para compensar os gastos derivados da identificación dos équidos que se manteñen nos montes en réxime de liberdade ou semiliberdade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar