Verdes reclama ao Goberno de Feijóo apoio ao sector leiteiro

Verdes reclama ao Goberno de Feijóo apoio ao sector leiteiro

Verdes reclama ao Goberno de Feijóo apoio ao sector leiteiro

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu na Comisión 7ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre a situación da empresa láctea Pascual en Outeiro de Rei.

Alí dixo que o balance do Goberno de Feijoo en relación co sector lácteo pasa polo Plan de abandono co pecharon mais de 2100 explotacións, e situaron á cola de Europa aos nosos productores, xa que hoxe quedan na nosa Comunidade arredor de 11400 explotacións, e na pasada lexislatura había 13591.

Subliña que Galicia representa o 36% da producción de leite e o 56% dos productores,por iso reclama “fortalecer ao chanzo mais débil, o productor, xa que é o que sufre os abusos e non ten garantías de recollida, e tampouco coñece o precio que lle van pagar pola súa producción”. Verdes afirma que os gandeiros/as galegas perciben o precio mais baixo da UE, sinala que mentres en Europa os produtores perciben entre 0,38- 0,34 euros, en Galicia perciben 5 céntimos menos( apenas 0,301) o precio mais baixo do estado, fronte aos 0,347 que perciben os andaluces, 0,325 os cataláns, e os 0,33 euros que perciben os gandeiros asturianos que cobran en torno a 700 euros mais ao mes que os gandeiros galegos.

Así as cousas a deputada advirte que o Goberno de Feijoo tivo a oportunidade de apostar polo sector productor, polas cooperativas, pola súa participación nun proxecto estratéxico para o país, para conquerir pechar o ciclo de producción e transformación do leite , eliminar intermediarios, consolidar o sector lácteo galego e sentar as bases do Grupo Lácteo Galego, aproveitando a oportunidade que xurdida para a xestión da planta de Pascual en Outeiro de Rei.

Pero denuncia que o Goberno de Feijoo so “atendeu a resolver os problemas dos alcaldes e tenentes de alcaldes do PP imputados por fraude, atendendo unicamente aos intereses do PP, antepoñendo os seus propios intereses aos do conxunto do sector leiteiro galego”, replicou. E afirma que entregou o control do 51% da sociedade e o control da Planta aos lugartenentes de Jose Manuel Romay Beccaría, “entregaron a planta a 5 pequenas cooperativas, con problemas financeiros e ningunha experiencia na comercialización de leite, apostando e apoiando con recursos públicos un proxecto de escasa viabilidade”.

A parlamentaria socialista asevera que se destruíron 85 postos de traballo, e boicotearon o proxecto que integraba ao conxunto de cooperativas galegas con Feiraco á cabeza , que aportaban 500 millóns de litros e que permitiría pechar o ciclo produtor.

A deputada socialista sinala que Alimentos lácteos tivo perdas de 3,5 millones de euros, deben a proveedores 12,7 , e teñen dificultades para o subministro de papel e cartón, deben varios meses de aluguer, e os gandeiros que acumulan retrasos de 3 meses o precio mais baixo do mercado, e no que se refire as entregas supoñen apenas 130 millóns de litros dos que somentes se envasaron 78, o que apenas supón un 27,8 % ( 30%).

Verdes dixo que toda esta xestión “é o resultado do proxecto polo que apostaron e promoveron apoiando con recursos públicos e deso terán que dar conta”, insistiu.
Ademais lembrou que nas axudas consta un aval do Igape de 1,6 millóns de euros sen necesidade de garantías, e mais de 750.000 euros noutros 5 avais de 150.000 euros cada un nun só dia, aos que se suma outro aval de 240.000 euros que nese mesmo día concederon a La Arzuana.

Con estes argumentos a portavoz socialista afirma que os datos demostran o seu fracaso cos obxectivos incumpridos e as cuantiosas perdas que sofren os productores como grandes damnificados e que poñen en risco a viabilidade da planta e os postos de traballo.

E por ultimo envioulle unha mensaxe ao Presidente da Xunta xa que tivo compromiso para entregar 4 millóns de euros a un empresario acusado de graves delitos, “cómo vai a negar o apoiar ao proxecto que lidera Feiraco, implicarse para reflotar Alimentos lácteos para que incorpore mais socios cooperativistas, implicarse para impulsar o grupo lácteo galego e apostar por un sector que soporta a poboación e a economía do 80% do noso territorio que é rural”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar