Verdes reclama a aplicación do "paquete lácteo" para que sexa efectivo na próxima campaña

Verdes reclama a aplicación do "paquete lácteo" para que sexa efectivo na próxima campaña

Verdes reclama a aplicación do "paquete lácteo" para que sexa efectivo na próxima campaña

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes anunciou hoxe que rexistrou unha proposición no Parlamento na que esixe ao Goberno de Feijoo a aplicación, de xeito inmediato, do chamado “Paquete lácteo” , co fin de que sexa efectivo na próxima campaña láctea, e que permita a concentración da oferta e a capacidade de negociación colectiva dos produtores, e o recoñecemento das organizacións de produtores de leite para a negociación dos contratos de entrega de leite, que contempla a modificación do Regulamento (CE) nº 1234/2007.

Verdes demanda un impulso da normativa que, con rango de lei, contemple sancións polos incumprimentos relacionados cos procesos de contractualización no sector lácteo e coa obrigatoriedade dos contratos para o prezo do leite. Pide tamén e a creación do “mediador dos contratos” , que interveña cando non exista acordo nos procesos de contractualización no sector leiteiro.

A deputada reclama a intensificación da coordinación do Goberno do Estado e as comunidades autónomas en materia de inspección e control na cadea de produción do leite, c

o fin de evitar os abuso

s aos produtores, o dumping e outras prácticas comerciais fraudulentas.

E demanda ademais a coordinación dun Plan de control para comprobar o cumprimento dos procesos de contractualización obrigatoria no sector lácteo, tal que se formalice de xeito urxente un convenio coa INLAC co fin de establecer un sistema para o control dos procesos de contractualización no sector lácteo que permita mellorar a información do mercado lácteo e do prezo do leite aportando transparencia e estabilidade ao sector leiteiro.

11.400 explotacións loitan en Galicia completamente soas

A portavoz de Medio Rural advirte que o agro galego soporta unha crise sen precedentes logo de 3 anos do goberno do PP ao fronte da Xunta de Galicia, o que levou ao peche de máis de 2.500 explotacións.

Asevera que perto de 11.400 explotacións leiteiras que quedan en Galicia “loitan completamente soas pola súa supervivencia, logo dos recortes indiscriminados das axudas, a privatización dos servizos públicos e o desmantelamento das políticas de dinamización do medio rural do Goberno de Feijoo”.

A parlamentaria denuncia que o cambio do Goberno do Estado que coincide cos cambios no Goberno galego acontecen nun momento de grave crise para o agro galego. Sinala que nos próximos meses vanse decidir asuntos de vital interese como a posta en marcha do paquete lácteo e a consolidación das organizacións de produtores para que os gandeiros e as gandeiras poidan negociar prezos xustos para o leite.

zp8497586rq
zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar