Verdes reclama a ampliación da franxa de protección dos núcleos poboacionais contra os lumes

Verdes reclama a ampliación da franxa de protección dos núcleos poboacionais contra os lumes

Verdes reclama a ampliación da franxa de protección dos núcleos poboacionais contra os lumes

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, presentou unha Proposición non de Lei na que reclama á Xunta que consensúe, na nova Lei de Montes, un aumento da franxa de protección dos núcleos poboacionais contra os lumes forestais. Así o dixo diante da redución da devandita franxa na Lei de Montes presentada pola Xunta o 9 de xuño.

A responsable socialista reclama a “blindaxe” con franxas de 100 metros para a xesstión de biomasa arredor de calquera núcleo de poboación situado a menos de 400 metros do monte. Tamén insta á Xunta a asegurar unha franxa de protección de 50 metros libre de vexetación seca e masa arborada aclarada dentro da mesma propiedade en torno ás edificacións.

Verdes sinala que as distancias mínimas para repoboacións forestais e no contorno das vivendas e das edificacións existentes debe garantir unha franxa de protección de 50 metros libre de especies consideradas pirófitas e de 10 metros para o resto das especies.

Reclama á Xunta polo tanto que consensúe estas medidas, no seo do Consello Forestal e cos Grupos parlamentarios para que a Lei “promova a valorizacón integral e o aproveitamento multifuncional do monte”. Sinala que debe contribuír á prevención de incendios e a preservar a riqueza medioambiental e paisaxística, promovendo a mellor xestión e ordenación da propiedade forestal de xeito sustentable”.

Explica que a Lei de Montes presentada no Consello da Xunta o pasado 9 de xuño reduce a denominada franxa de seguridade “para frear o minifundismo”, o que “non contribúe a garantir a protección e a defensa fronte aos incendios forestais”. Advirte que logo das situacións destes días, con casas ameazadas directamente polo lume, esta medida constitúe “un paso atrás” na protección das persoas, os seus bens e o territorio.

Desaparecido

A responsable socialista considera “irresponsable e vergoñento” que o presidente da Xunta permaneza “desaparecido” e “negando a evidencia” para manter o operativo antiincendios da Xunta “agardando na casa” mentres os lumes achéganse ás vivendas. Acusou a Feijóo de permanecer “de brazos cruzados” mentres os grumires municipais “están inactivos porque ten paralizados os convenios”.

Engadiu que “a pesares de que a prevención tiña que terse feito xa dende a primavera, aínda estamos a tempo de poñer en marcha e executar medidas de prevención”. Dixo que “toda esta situación debe levar ao goberno galego a unha reflexión para promover o cambio da política de xestión forestal e contra incendios e apostar polas medidas preventivas dende o aproveitamento sostible dos recursos forestais xa dende a Lei de Montes”.

Advertiu que a meteoroloxía e o número de incendios previsto urxen a poñer en marcha “o dispositivo necesario para a afrontar a situación e garantir a seguridade das persoas e do territorio, e non levar as contratacións a contagotas, como está a facer a Xunta ao negarse a recoñecer a urxencia da situación”. Criticou que neste momento “os únicos que actúan son o exército e a Garda Civil, así como os medios do Goberno central”

Convenios cos concellos

Sonia Verdes reclamou por iso que a nova Lei de Montes “recolla a obriga de colaboración da Xunta de Galicia achegando as dotacións económicas necesarias para a sinatura de convenios de colaboración cos concellos para xestionar a biomasa nas franxas de especial protección nos núcleos rurais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar