Verdes pídelle ao conselleiro de Medio Rural “que se vaia para a casa”, pola queima descontrolada en Ourense

Verdes pídelle ao conselleiro de Medio Rural “que se vaia para a casa”, pola queima descontrolada en Ourense

Verdes pídelle ao conselleiro de Medio Rural “que se vaia para a casa”, pola queima descontrolada en Ourense

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu no Pleno da Cámara, mediante unha pregunta, para reclamar explicacións sobre a vaga de incendios forestais que sufre Galicia, nomeadamente a provincia de Ourense. A portavoz pediulle ao Conselleiro de Medio Rural “que se vaia para a casa, e descanse, que os galegos tamén descansaremos”, espetou.

Verdes cualificou a xestión do Conselleiro de Medio Rural “de nefasta en materia de montes, en materia de xestión e ordenación forestal e en materia de incendios”, e impulsada ademais “cunha política de recortes, de abandono das políticas de prevención e de ocultación informativa”, resumiu. E lembrou que a Conselleira de Medio Rural deixou sen gastar 256 millóns de euros.

A voceira socialista criticou o recorte de mais de 24 millóns de euros para os investimentos no monte, para ordenación forestal, para a prevención de incendios, para a silvicultura e repoboacións preventivas.

A parlamentaria tamén aludiu ao recorte, en mais de 800.000 euros, para a colaboración cos Concellos en materia de prevención de incendios. Denuncia que paralizaron e suprimiron os convenios para a protección dos núcleos rurais, e insistiu “e encargáronse de dar leccións para non facer peticións ao Goberno de Feijoo por mor da súa falsa austeridade”.

A deputada explica que o pasado 10 de marzo en Muíños quedaban arrasadas mais de 340 ha e coa chegada dos primeiros días de calor, e no mes de abril unha vaga de lumes afectaba novamente a provincia de Ourense e tamén a Lugo.

Así as cousas Verdes denuncia que o dispositivo no monte resulta insuficiente, e advirte que hai 148 brigadistas esperando para incorporarse ao dispositivo. Dixo que a Consellería de Medio Rural con temperaturas de 30 grados, continuaba autorizando queimas “e tardaron tres días en suspendelas”, subliñou.

Bande e Verea

Aludiu ao incendio de Bande e Verea (Ourense), argumentou que foi unha queima descontrolada, practicaba polo persoal da Consellería, que provocou un gran lume o mais de 600 ha, dunha zona de importante riqueza paisaxística, con especies únicas, calcinando mais de 400 ha de superficie arborada de piñeiros silvestres algún de mais de 50 anos.

E preguntou como xustifica o Conselleiro de Medio Rural unha queima controlada, cando se daban condicións de 30/30/30, segundo consta no Informe titulado do episodio de calor dos días 6,7 e 8 de Abril de 2011 de Meteogalicia.

Nula transparencia informativa

Verdes tamén criticou a nula política da transparencia do Goberno de Feijoo e da información en tempo real que dende pasada lexislatura iniciamos en materia de incendios, apostando pola concienciación cidadanía , pola disuasión, pola persecución e o illamento social dos incendiarios, suprimindo puntos de vixilancia fixos, suprimindo as brigadas de investigación de incendios.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar