Verdes pide explicacións polo uso dun helicóptero contra incendios para trasladar aos técnicos da Copa Davis

Verdes pide explicacións polo uso dun helicóptero contra incendios para trasladar aos técnicos da Copa Davis

Verdes pide explicacións polo uso dun helicóptero contra incendios para trasladar aos técnicos da Copa Davis

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes reclamou no Parlamento explicacións sobre o uso dun helicóptero dedicado a loita contra os incendios forestais para o traslado dos técnicos da Copa Davis á Cidade de Cultura.

A portavoz socialista considera “moi grave” que un helicóptero do equipo contra incendios fixese este voo, e advirte ademais que se realizou “cando era época de máis alta risco de incendios. Criticou tamén que o conselleiro “non saiba quen autorizou esa viaxe”.

A parlamentaria socialista dixo que estamos diante dunha situación grave, máxime cando a utilización do helicóptero se produce en época de alto risco de incendios, e mais aínda cando parece que a aeronave, non puido completar a viaxe de retorno previsto porque tivo que partir para a participar na extinción dun incendio forestal e os técnicos da Davis tiveron que utilizar outros medios para regresar da Cidade da Cultura.

E envioulle unha mensaxe ao Conselleiro“se non sabe quen foi quen autorizou o uso do helicóptero, debería saber quén o autorizou e asumir responsabilidades dun feito que é sancionable, malia as responsabilidades son tamén políticas”, espetou.

Critica ademais que por un lado falen de austeridade “e por outro raciona a comida e a auga aos brigadistas e dende hai dous anos non destina fondos para renovar os vehículos contra incendios”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar