Verdes: “O conselleiro de Medio Rural debe responder ante as irregularidades no incendio de Monterrei”

Verdes: “O conselleiro de Medio Rural debe responder ante as irregularidades no incendio de Monterrei”

Verdes: “O conselleiro de Medio Rural debe responder ante as irregularidades no incendio de Monterrei”

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes esixiu hoxe no Pleno do Parlamento unha valoración ao Goberno de Feijoo sobre os numerosos lumes forestais producidos nas ultimas datas en Galicia. Alí reclamou ao Conselleiro de Medio Rural que responda ante as irregularidades no incendio de Monterrei, do pasado 2 outubro no que faleceu un piloto.

Ademais lembrou que solicitou a copia do Informe interno elaborado pola Consellería.

As primeiras palabras da deputada socialista foron solidarizarse coa familia, os amigos e os compañeiros do piloto Iñigo Zubiaga, falecido nun accidente en Monterrei na extinción dun incendio o pasado domingo 2 de outubro.Verdes tamén lembrou aos dous brigadistas que perderon a vida en Fornelos de Montes mentres participaban na extinción dun lume .

Dixo que “o Conselleiro de Medio Rural ten que asumir as súas responsabilidades si esto se constata que houbo neglixencia, porque entón non cabe mais que a dimisión”, espetou. A portavoz socialista denunciou que dende a chegada de Feijoo ao Goberno da Xunta  “hai recortes e mala xestión en materia de montes e de prevención de incendio”.

Advirte que na pasada campaña o goberno de Feijoo recortou na formación, nos equipamentos de prevención, na dotación das cuadrillas, e dende hai dous anos non hai dotación para a renovación do parque móbil contra incendios. Por iso “de todo o Conselleiro Samuel Juarez ten que dar respostas”, replicou.

Verdes asegura que o Conselleiro “non cumpre coa súa obriga e a súa responsabilidade cómo máximo responsable en materia de incendios e no control e a coordinación dos medios aéreos que nos custan aos galegos arredor dos 10 millóns de euros cada campaña”.

A portavoz de Medio Rural, Sonia Verdes denuncia que dende o día 1 de outubro arderon na nosa Comunidade 1700 ha, o que supón un 12% do que ardeu dende xaneiro ata setembro do ano pasado, o que evidencia o fracaso das políticas de Feijoo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar