Verdes esixe un cambio nas políticas de prevención, xestión e ordenación forestal do goberno de Feijoo

Verdes esixe un cambio nas políticas de prevención, xestión e ordenación forestal do goberno de Feijoo

Verdes esixe un cambio nas políticas de prevención, xestión e ordenación forestal do goberno de Feijoo

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu hoxe, na Comisión 7ª do Parlamento, mediante unha Proposición, para reclamar ao Goberno de Feijoo que se fagan efectivos de xeito urxente os convenios de colaboración entre as Consellerías de  Presidencia Administracións Públicas e Xustiza e do Medio Rural coa Fegamp, para a posta en marcha dos Grumir estables a contratar polos concellos para o ano 2011, a fin de garantir os servicios que prestan aos veciños/as que garanta a súa protección  tamén en materia de incendios  en cumprimento do Pacto Local. A proposta foi rexeitada polo PP.

Alí Verdes esixiu un cambio nas políticas de xestión e ordenación forestal e de prevención de incendios hoxe

A portavoz socialista denunciou que o Goberno do PP “gastou arredor de 100 millóns de euros en extinción de incendios, o dobre do que achega o Goberno para ordenación das produccións forestais”. Critica que dilapidaron as políticas de prevención, recortando 22 millóns de euros e deixaron de gastar case 28, o que supón o 36% do orzamento, dos que o Goberno Galego aínda non tería que achegar 6, multiplicando por 4 os recursos propios aproveitando así a cofinanciación con fondos europeos.

 

A parlamentaria socialista lembra que tamén suprimiron  as axudas á multifuncionalidade,  recortaron as axudas as explotacións de ganderia extensiva,  suprimiron  os convenios cos concellos para a protección de núcleos, recortaron nas axudas as comunicades de montes, e neste ano, coma o ano pasado a estas alturas non foron quen de resolver as axudas á prevención.

Verdes subliña que habitualmente a Consellería de Medio Rural, tiña unha partida orzamentaria para a posta en marcha dos Grumir e asinaba un convenio para a posta destes equipos, xunto cos Concellos no marco do Pacto local. Nese senso advirte que “estes convenios que deberían terse asinado hai meses, no 2010 o convenio asinábase o 26 de maio, neste ano a estas alturas non hai ningún compromiso por parte da Consellería do Medio Rural, e agora solo se concedéron os 400.000 euros tarde mal e arrastro”, espetou.

A portavoz socialista denuncia que os responsables do PP asfixian as entidades locais e   deixan literalmente solos aos Concellos, pero a quen prexudican son aos veciños/as de Galicia.

E concluíu “dende o PSdeG-PSOE entendemos que nun momento de crise hai que priorizar, pero dende logo recortar en prevención para promover o negocio do lume non é o camiño, todo o contrario, debemos priorizar na prevención a fin de promover a valorización do monte”. Por iso replica que “os GRUMIR estables, contribuían en gran medida nos Concellos a desenvolver actuacións de prevención, de silvicultura, de desbroces preventivos”, pero lamenta “ese non é o compromiso do Goberno galego”, insistiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar