Verdes esixe que se resolvan as solicitudes destinadas á mellora da competividade das explotacións leiteiras

Verdes esixe que se resolvan as solicitudes destinadas á mellora da competividade das explotacións leiteiras

Verdes esixe que se resolvan as solicitudes destinadas á mellora da competividade das explotacións leiteiras


A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes anunciou hoxe que rexistrou unha proposición no Parlamento na que reclama resolver as solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 12 de agosto de 2011, pola que se modifica a Orde do 23 de setembro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción.

Verdes demanda tamén achegar os suficientes recursos económicos, para o que se incrementará a partida orzamentaria para o ano 2012, co fin de facer fronte ás solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 12 de agosto de 2011, a través da redución dos custos de produción, correspondente ao ano 2011. A deputada solicita ademais axilizar os pagamentos correspondentes as solicitudes aprobadas ao abeiro da devandita orde de axudas.

A portavoz de Medio Rural explica que a Consellaría do Medio Rural publicaba no DOG do martes, 29 de setembro de 2009 a Orde do 23 de setembro de 2009, pola que se establecían as bases reguladoras para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custes de producción, no marco da posibilidade de desviar fondos adicionais derivados do Chequeo Médico e do Plan Europeo de Recuperación Económica (PERE), que foron asignados ao Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, co fin de destinalos ao novo reto das medidas de acompañamento á reestructuración do sector lácteo.

Sinala que a devandita orde de axudas publicábase cunha dotación de 6.025.451,11 euros para o ano 2009, e 4.217.815,56 euros para o ano 2010. Así as cousas cualifica estas cifras de “insuficientes” para atender a tódalas solicitudes presentadas, xa que denuncia “moitas das explotacións quedaron fóra das axudas por falta de crédito”.

Con estes argumentos Verdes afirma que o pasado 23 de agosto de 2011 a Consellaría do Medio Rural, non renovou a convocatoria para o ano 2010 das axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras.

E pola contra a Xunta publicaba a Orde do 12 de agosto de 2011 pola que se modifica a Orde do 23 de setembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e convocaba as axudas para o ano 2011, cunha dotación inicial para o ano 2011 de 20.000 euros e 20.000 euros para o ano 2012.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar