Verdes esixe a Xunta que aprobe de xeito urxente os plans de zona

Verdes esixe a Xunta que aprobe de xeito urxente os plans de zona

Verdes esixe a Xunta que aprobe de xeito urxente os plans de zona

 

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Sonia Verdes anunciou hoxe que, rexistrou unha Proposición na Cámara Autonómica, na que esixe á Xunta aprobar, de xeito urxente, os  Plans de zona, de xeito que se asine o convenio de colaboración coa Administración Xeral do Estado para a execución das accións contidas nos Plans de desenvolvemento rural no marco do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible (PDRS) 2010-2014.

Verdes reclama na iniciativa rexistrada que se teñen en conta os resultados do proceso de participación pública e se  promova a aplicación dunha política de desenvolvemento rural verdadeiramente participativa das entidades locais e dos axentes económicos, sociais e ambientais.

A portavoz socialista solicita á Xunta que se maximicen os investimentos vía convocatorias en concorrencia competitiva, para dar transparencia ao procedemento de adxudicación de proxectos.

Tamen pide que se permita cumprir co obxectivo que persigue a Lei  45/2007, de desenvolvemento sostible do medio rural, para favorecer o desenvolvemento sostible do medio rural e  mellorar a situación socioeconómica e a calidade de vida das poboacións das zonas rurais, a fin de conseguir sua dinamización.

Verdes relata que as actuacións en Galicia do desenrolo do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible van supoñer un investimento que supera os 170 millóns de euros, cofinaciadas ao 50% pola Xunta de Galicia e o Ministerio do MARM, a  realizar no período 2010/2014 nas 12 áreas rurais que quedaron definidas no Programa de Desenvolvemento, que foi aprobado polo Real Decreto 752/2010, de 4  de xuño : As Mariñas, Lugo Central, Lugo Sur, Montaña Lucense, Rías Altas e Arco Ártabra, Terras de Santiago,Costa da Morte e Rías Baixas , Valdeorras, Miño Central, Depresións Ourensáns e Terras do Sil, Pontevedra Norte e Rías Baixas , Pontevedra Este e Terras do Miño.

A deputada socialista explica que no protocolo xeral  asinado no pasado mes de febreiro,  o Goberno galego comprometíase a participar na elaboración dos plans de zona, poñendo en marcha un programa de participación pública e velando pola súa adaptación á Lei 45/2007 de xeito que no prazo de 4 meses, dende a sinatura do protocolo, se poida dispoñer dos proxectos de plans de zona para poder concertar as actuacións coa Administración Xeral do Estado, e asinar o convenio de colaboración antes do 1 de xuño de 2011, para que poidan executarse as accións contidas con cargo aos orzamentos de 2011.

Grao de cumprimento do Goberno de Feijoo

Así as cousas Verdes reclama valorar o grao de cumprimento dos compromisos acadados polo Goberno galego no Protocolo Xeral asinado coa Administración Xeral do Estado, así coma o proceso de elaboración dos plans de zona e  analizar as propostas que inclúen os Plans de desenvolvemento rural tal que permitan revitalizar  e conseguir dinamizar o noso medio rural .

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar