Verdes esixe á Xunta o pago das axudas ás explotacións leiteiras co fin de manter a súa pervivencia

Verdes esixe á Xunta o pago das axudas ás explotacións leiteiras co fin de manter a súa pervivencia

Verdes esixe á Xunta o pago das axudas ás explotacións leiteiras co fin de manter a súa pervivencia

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu no Pleno da Cámara para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre o seu apoio ás explotacións leiteiras galegas. Alí acusou ao Goberno de malgastar 3.6 millóns de euros en asistencias técnicas, “e mentres no Agader están de brazos cruzados, esperando a tramitar expedientes”. E demandou a Feijoo que pague ás explotacións leiteiras que solicitaron axudas, co fin de manter a súa pervivencia.

Verdes explicou na súa intervención que a Consellaría do Medio Rural publicou no DOG do martes, 29 de setembro de 2009 a Orde do 23 de setembro de 2009, polo que se establecían as bases reguladoras para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redacción dos custes de producción, no marco da posibilidade de desviar fondos adicionais derivados do Chequeo Médico e do Plan Europeo de Recuperación Económica (PERE).

Advirte que esta Orde de axudas publicábase cunha dotación de 6.025.451,11 euros para o ano 2009 e 4.217.815,56 euros para o ano 2010, “resultando insuficiente para atender a todas as solicitudes presentadas”.

Replica que a Consellaría do Medio Rural non renovou a convocatoria para o ano 2010 das axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras, e convocou axudas para o ano 2011, cunha dotación inicial para o ano 2011 de 20.000 euros e 20.000 euros para o ano 2012 sendo o plazo de solicitude dun mes a partir da entrada en vigor da orde.

Así as cousas sinala que na convocatoria correspondente ao ano 2011 no que se refire as solicitudes de axuda a plans de mellora, poderán acceder ás axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas “a través da redución dos custos de produción, sempre que desistan da solicitude presentada para os investimentos ao abeiro da correspondente convocatoria aos plans de mellora”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar