Verdes esixe a Feijoo compromiso e valentía para acadar un futuro de viabilidade para a planta de Clesa

Verdes esixe a Feijoo compromiso e valentía para acadar un futuro de viabilidade para a planta de Clesa

Verdes esixe a Feijoo compromiso e valentía para acadar un futuro de viabilidade para a planta de Clesa

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes esixiu hoxe ao Goberno de Feijoo que cumpra os acordos acadados na Cámara Autonómica e lidere cantas accións sexan necesarias para garantir o futuro e a viabilidade da planta de Clesa no Concello de Caldas de Reis, así como o mantemento dos postos de traballo, aproveitando a oportunidade de diversificación da producción que ofrece a factoría de Caldas de Reis.

Verdes emprazou ao executivo autonómico a que se implique dunha vez de xeito activo, amosando o apoio institucional e a participación política e económica da Administración da Xunta de Galicia para promover un proxecto do sector leiteiro galego para a xestión da factoría. Ademais reclama que a Feijoo que promova un proxecto de base cooperativa forte en base ao dimensionamento e a integración do conxunto de cooperativas galegas en igualdade de condicións que, permita sentar as bases do Grupo Lácteo Galego, para fortalecer ao sector productor leiteiro en Galicia e aportar maior estabilidade ao sector lácteo galego.

 

Nese senso a portavoz socialista anunciou que rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica para pedir explicacións respecto da situación do sector lácteo en Galicia, e do prezo que se lles esta a pagar aos productores polo prezo do leite en orixe.

 

A parlamentaria socialista denuncia que Feijoo antepuxo os intereses do Partido Popular ao intereses do conxunto do sector leiteiro galego, apostando por un proxecto débil de 5 cooperativas con serias dificultades financieiras e directamente vencelladas ao PP. Advirte que Feiraco lideraba un proxecto que reunía a 24 cooperativas galegas e que permitía reunir 500 millóns de litros de leite para xestionar a factoría de Outeiro de Rei, e aportar estabilidade ao sector lácteo galego.

Dixo que “o proxecto que lideraron as 5 cooperativas é hoxe un fracaso palamario do goberno de Feijoo, que apoiou con recursos públicos e do que terá que dar conta”, espetou.

Nova oportunidade

A maiores explica que a situación de Clesa en Caldas ofrece ao Goberno Galego unha nova oportunidade para promover unha aposta de futuro, que permita fortalecer ao sector productor galego en base a un proxecto dimensionado e integrador de base cooperativa forte que poida servir de xerme para o Grupo Lácteo Galego. E asevera que “calquera outra proposta que promova un proxecto débil coma o que apoiou para Pascual o goberno de Feijoo será un novo fracaso”, insistiu.

Dende o Grupo Parlamentario Socialista demandamos que se garanta o futuro e a viabilidade da planta de Caldas de Reis, xunto cos postos de traballo. Solicitamos tamén que se fortaleza ao sector productor para aportar estabilidade ao precio e ao mercado do leite. Complementar o Proxecto de Alimentos Lácteos, promovendo dende o goberno galego un cambio de estratexia para reflotar o proxecto para o seu dimensionamento, implicándose activamente para a integración e a participación democrática do conxunto de cooperativas galegas. E por ultimo “sentar as bases do Grupo Lácteo Galego”, concluíu .

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar