Verdes esixe a dimisión do conselleiro de Medio Rural si se constatan irregularidades no incendio de Monterrei

Verdes esixe a dimisión do conselleiro de Medio Rural si se constatan irregularidades no incendio de Monterrei

Verdes esixe a dimisión do conselleiro de Medio Rural si se constatan irregularidades no incendio de Monterrei

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista, Sonia Verdes, esixiu ao conselleiro de Medio Ambiente responsabilidades políticas sobre o accidente no que faleceu o piloto Iñigo Zubiaga en Monterrei, na extinción dun incendio o pasado domingo 2 de outubro.

As primeiras palabras que tivo a deputada socialista, na rolda de prensa, foron para a familia, os amigos e os compañeiros de Zubiaga “quero expresar dende aquí todo o noso afecto o noso cariño e todo o apoio do Grupo Socialista”. Verdes tamén lembrou aos dous brigadistas que perderon a vida en Fornelos de Montes mentres participaban na extinción dun lume “vaia dende aquí o noso recordo”.

Dixo que “si se constata que non se cumpriron as horas de voo, si se constata que non se cumpriron os períodos de descanso, e si se constata que esa avioneta non tiña ao día as revisións, e si se constata que había unha recomendación para non utilizar eses aparatos na extinción dos lumes en Galicia, e aínda así se renovou ese contrato hai que tomar medidas”, sentenciou. E insistiu nas súas criticas “o Conselleiro de Medio Rural ten que asumir as súas responsabilidades si esto se constata, e entón non cabe mais que a dimisión, e terá que marchar e senón que Feijoo depure responsabilidades”, espetou.

A maiores Verdes anunciou que rexistrou diversas iniciativas parlamentarias nas que reclama explicacións, e solicita a copia do Informe interno elaborado pola Consellería sobre o accidente.

A portavoz socialista denunciou que dende a chegada de Feijoo ao Goberno da Xunta “hai recortes e mala xestión en materia de montes e de prevención de incendio”. Por iso subliñou que dende o PSdeG-PSOE esiximos que mudara as súas políticas, apostando pola prevención para conquerir racionalizar o gasto en extinción, cando se están gastando arredor de 100 millóns de euros en apagar lumes, e apenas a metade para poñer a producir o monte e previr os incendios forestais, deixando de gastar deses pouco mais de 50 millóns case o 37% , arredor de 28 millóns de euros.

Comparecencia parlamentaria

A parlamentaria socialista criticou a comparecencia parlamentaria do Conselleiro de Medio Rural no pasado Pleno, celebrado o pasado 27 de setembro, na que fixo balance da campaña incendios na nosa Comunidade. Alí xa denunciamos as presas do Conselleiro por comparecer antes de rematar o período de alto risco, e denunciabamos o desmantelamento do dispositivo, xa que prescindira do reforzo das brigadas de Seaga, aínda con previsións meteorolóxicas de temperaturas elevadas”.

Verdes afirmou que mentres o país ardía en lapas, na nosa Comunidade sobraban motobombas porque faltaban conductores, faltaban brigadas e brigadistas, e non había vixiantes nas casetas porque xa dera por rematada a campaña. Por iso asegura que tivo que ser o Goberno do Estado que tendo en conta as previsión meteorolóxicas mantiña o dispositivo contra os lumes e era o que acudía en auxilio da Xunta.

Fonsagrada

E puxo como exemplo os incendios no Distrito de Fonsagrada en Lugo os concellos enviaban as motobombas do Concello para a extinción de varios lumes en Baleira, e na Ribeira de Piquin, mentres as motobombas da Xunta estaban paradas sen conductor.

E envioulle unha mensaxe ao Conselleiro “a austeridade non pode ser para recortar na prevención e á conta da seguridade dos traballadores”. Advirte que na pasada campaña o goberno de Feijoo recortou na formación, nos equipamentos de prevención, na dotación das cuadrillas, e dende hai dous anos non hai dotación para a renovación do parque móbil contra incendios. “De todo o Conselleiro Samuel Juarez ten que dar respostas”, replicou.

Verdes asegura que o Conselleiro “non cumpre coa súa obriga e a súa responsabilidade cómo máximo responsable en materia de incendios e no control e a coordinación dos medios aéreos que nos custan aos galegos arredor dos 10 millóns de euros cada campaña”.

Viaxe da Copa Davis

Tamén aludiu ao voo da visita dos representantes da Copa Davis en Santiago “non pode ser que un membro do goberno responda en sede Parlamentaria que non autorizou o voo do helicóptero de incendios que utilizou o alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, evidentemente o goberno non cumpre coa súa obriga”, proclamou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar