Verdes: "O único dispositivo da Xunta contra os lumes en Galicia foi o San Pancracio e a choiva”

Verdes: "O único dispositivo da Xunta contra os lumes en Galicia foi o San Pancracio e a choiva”

Verdes: "O único dispositivo da Xunta contra os lumes en Galicia foi o San Pancracio e a choiva”


A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu hoxe no Pleno do Parlamento, para interpelar ao Goberno de Feijoo sobre os lumes rexistrados en Galicia durante a campaña de prevención e defensa contra os incendios forestais do ano 2011. Alí dixo que o dispositivo do Goberno de Feijoo contra os lumes “foi o San Pancracio, é dicir a choiva”.

A portavoz socialista afirma que Galicia sufriu nestes días unha catástrofe sen precedentes, e hoxe Galicia queda queimada. Sinala que cos datos da Xunta reflectían 23000 ha queimadas e 1600 lumes. Advirte que arderon hectáreas das zonas da rede natura como espacios protexidos do noso país, o Macizo Central de Ourense, ou a Serra do Xurés, poñendo en risco as propiedades e as vivendas, incluso a vida dos veciños/as que tiñan que loitar cos seus propios medios contra as lapas abandonados polo goberno galego. Por iso replica que “o único dispositivo que funcionou foi a choiva, diante da irresponsabilidade e a temeridade do goberno galego”.

Con estes argumentos a parlamentaria socialista pregunta que parte de Galicia non ardeu? , xa que nos primeiros 20 días do mes 237 Concellos sufriron incendios. E insistiu nas súas criticas “Galicia ardía polos catro costados e o Conselleiro estaba mais ocupado no apagón informativo que en apagar os lumes”, espetou.

Verdes dixo que mentres en Galicia viviamos esta vaga de lumes “o Presidente da Xunta estaba en Arxentina, o delegado da Xunta en Ourense estaba visitando o estadio Santiago Bernabeu, e os Alcaldes do PP dos concellos afectados estaban de vacacións”, e insistiu “esto é o reflexo do Goberno da Xunta, inacción e incompetencia”, resumiu. E insistiu nas súas criticas “cando tivo que decidir entre os galegos ou Rajoy, decidiu poñer terra por medio para amañar un puñado de votos”.

A deputada afirma que o Conselleiro é incapaz de facer fronte á catástrofe que asolaba o monte galego, por iso advirte que “hoxe está totalmente desautorizado, e debe ser outro quen afronte e resolva o problema dos incendios forestais se algunha dignidade política lle queda aínda se é que tivo algunha”.

Lembra ademais que o Goberno de Feijoo ten tódalas competencias na prevención, na extinción e tamén na vixilancia e na disuasión. Verdes envioulle unha mensaxe ao Conselleiro “os lumes non se apagan encerrando aos incendiarios, xa que o código penal xa contempla penas de ata 20 anos para os que prenden, penas que o propio Fiscal considera duras, pero a estratexia sírvelles para facer da demagoxia política escapando de asumir as responsabilidade que é súa”, sentenciou.

A portavoz reclamou explicacións ao Conselleiro de Medio Rural , xa que o 20 de setembro deu por rematada a campaña e mandou para a casa as cuadrillas de reforzo, aínda con previsión de tempo seco e o monte completamente abandonado logo dos recortes e da nefasta xestión na prevención de incendios.

Acordo de pais

Por ultimo emprazou á Xunta a acadar cos grupos políticos un acordo de país para un problema de país. Pide impulsar e acadar un acordo a fin de mudar as políticas para o monte, apostando pola valorización e o aproveitamento multifuncional e pola prevención de incendios, para promover un dispositivo contra incendios permanente e profesionalizado que permita optimizar os recursos.

Asegura que o panorama na nosa Comunidade é desolador “temos un pais desesperanzado dun goberno irresponsable e temerario, manipulador e ausente para o que o rural non ten futuro”.

Pola contra subliña que en Galicia “aínda hai futuro polo que loitan centos de labregos e gandeiros coma fixeron sempre, o rural ten futuro pero non coas súas políticas, porque tal como dicía Manolo Rivas, cando un país está queimado, o que cómpre non é apagar a luz e encamalo”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar