Verdes di que o goberno de Feijoo non esta preparado para a prevención de incendios en Galicia

Verdes di que o goberno de Feijoo non esta preparado para a prevención de incendios en Galicia

Verdes di que o goberno de Feijoo non esta preparado para a prevención de incendios en Galicia

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu no Pleno da Cámara para defender unha moción para retomar as políticas de xestión e ordenación forestal e de prevención de incendios da nosa Comunidade. A proposta foi rexeitada polo PP.

Verdes criticou que o PLADIGA (Plan de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais) aprobado no Consello da Xunta evidencia peores resultados relativos aos incendios forestais, con mais de 14.500 ha calcinadas e mais de 3.800 lumes no 2010 e mais de 2600 ha calcinadas durante a primavera, o que supón 4 veces mais co ano pasado.

A portavoz socialista lembrou o ocorrido esta fin de semana, e advirte que aínda non esta iniciado o período de alto risco de incendios Galicia, e a nosa Comunidade xa ardeu polos 4 costados. Dixo que o lume sementou a angustia nas catro provincias galegas e deixaba calcinado 260 Boiro, 320 Cañiza, 75 As Pontes, 140 Ribeira de Piquín, o que supón un total mais de 800 as que arderon nestes días; e mentres o Goberno apenas daba os datos dunha ducia, cando quedaron arrasadas en apenas 3 días mais de 500 ha nos mais de 213 lumes, mais de 80 que se rexistraban durante o venres, arredor de 70 o pasado sábado.

A deputada explicou que 45 viaxeiros quedaban atrapados no túnel en Maside e as lapas se achegaban e cercaban varias vivendas mesmo en Maside, en Valga, en Soutomaior, en Barra, en Combarro, en Meis, en Amoeiro, en Teo. E lembra que “onte mesmo as lapas se achegaban as casas do núcleo de Ombre en Pontedeume, a Seoane dos Baos no Concello de Ribeira de Piquín, e obrigaban a desaloxar aos veciños de Nogueiró na Cañiza”.
Galicia en Nivel 1

Verdes argumenta que mentres Galicia viviu unha semana intensa de lumes, o Presidente Feijoo estaba fóra de Galicia, asistindo ao comité do PP na Rioxa, e mentres o Conselleiro da Presidencia Alfonso Rueda estaba de procesión en Ponteareas, e na nosa Comunidade decretábase o nivel 1.

A deputada denunciou a actitude do Conselleiro Júarez xa que o único que fai e repartir culpas, aos propietarios e comunidades de montes que non limpan, aos gandeiros aos que afogan, aos concellos que afrontan sen recursos e que completamente sós teñen que asumir a protección dos núcleos, aos brigadistas aos que gravemente acusa de incendiarios.

UMEs

Neste punto subliñou a labor dos corpos e forzas de seguridade do Estado, o exército, as UMEs as que estiveron ao carón dos veciños/as garantindo, coa participación de 13 aeronaves e 76 especialistas do ministerio, 6 avións das unidades militares de emerxencia e 380 militares a súa protección fronte os lumes.

A portavoz socialista aludiu a política de recortes da Consellería de Medio Rural “recortaron os fondos europeos en 22 millóns de euros, deixaron sen gastar mais de 28 millóns de euros na prevención, e recortaron 3 millóns no plan de extinción, suprimiron persoal das brigadas (e hoxe as brigadas de Seaga seguen esperando para incorporarse ao dispositivo), suprimiron 3 helicópteros das bases helitransportadas no Xurés, en Valdeorras, paralizaban e dilapidaban as políticas de prevención recortando na silvicultura preventiva, nos desbroces preventivo, nas inversións nos montes de xestión publica, nas axudas para comunidades de montes, na dotación para vixilancia e prevención, suprimindo puntos de vixilancia e desmantelando as brigadas de investigación e recortando na dotación e o equipamento para as cuadrillas”.

Tamén criticou a política de desinformacin do Goberno de Feijoo “voltaron a política da desinformación e da ocultación e ocultaron o 76% dos lumes rexistrados no 2010 que afectaron a unha superficie inferior a unha hectárea, e a meirande parte do 97% dos lumes que tiñan menos de 25 ha”, sinalou.

A maiores lembrou as críticas do PP na pasada lexislatura “eran os que poñían os mortos enriba da mesa”, pero advertiu “agora son os que agochan porque teñen contas pendentes e deben dar explicacións e empezar a asumir responsabilidades”, entre outras do que aconteceu en Fornelos (no que morreron dous brigadistas), ou do que recentemente aconteceu en Bande, xa que houbo neglixencia e obviaron as recomendacións do informe de meteogalicia que alertaba do episodio de calor.

Afirma que os propietarios, as comunidades de montes, as organizacións agrarias, a cadea Monte Industria, as empresas do sector e os axentes implicados do sector forestal demandan un cambio nas políticas para o monte.

Verdes cualificou de “irresponsabilidade e unha temeridade e unha decisión moi grave, recortar as franxas de prevención en torno aos núcleos”, e denunciou que o Goberno de Feijoo “levan dous anos incumprindo a lei para deixar sos aos veciños /as e aos concellos fronte os lumes”, espetou. E proseguiu “señorías do PP austeridade sí, pero irresponsabilidade e incompetencia non”.

Cambio da lei de incendios sen consenso

Dixo que a Xunta “non cumpren, nin van a cumprir e pretenden cambiar a lei de incendios, en contra dos concellos, en contra da FEGAMP, e sen ningún consenso para achegar o lume as casas, e recortar as franxas de protección e permitir que medren xestas e fentos, toxos e silvas ao pe das portas, e voltar as políticas de forestación das terras agrarias”, resumiu.

E concluíu sinalando que única aposta do PP polo Medio Rural “é a forestación masiva das terras agrarias, o plan de abandono, pechando mais de 1700 explotacións e destruíndo mais de 6000 empregos no sector forestal, é quitarse do medio porque segundo o Sr Júarez para o rural non hai futuro, dende logo non coas súas políticas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar