Verdes di que Feijoo e Juárez non poden marcharse de vacacións sen facer os deberes en prevención de incendios

Verdes di que Feijoo e Juárez non poden marcharse de vacacións sen facer os deberes en prevención de incendios

Verdes di que Feijoo e Juárez non poden marcharse de vacacións sen facer os deberes en prevención de incendios

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes anunciou e, en rolda de prensa, que rexistrou unha batería de 15 iniciativas parlamentarias (4 proposicións, 2 interpelacións, 4 preguntas orais en pleno, 3 preguntas en comisión e 2 preguntas escritas) en materia de prevención de incendios forestais.

Enviou unha mensaxe ao Presidente da Xunta e ao Conselleiro de Medio Rural “non poden marcharse de vacacións sen facer os deberes en materia de prevención”, espetou

Verdes esixiulle ao Presidente da Xunta e ao Conselleiro de Medio Rural que “dean a cara e diga claramente se apostan por continuar gastando arredor de 100 millóns de euros de tódolos galegos en extinción”, cando advirte “o investimento na ordenación das produccións forestais e nas medidas de prevención apenas chega á metade”, xa que asegura que o Goberno Galego só achegou, no 2011 51 millóns de euros, e dos que recortou 22 millóns, e deixou de investir 28 millóns no ano 2010.

A portavoz socialista lembra que este mes de xullo, considerado polos expertos en meteoroloxía un dos mais fríos en anos, a climatoloxía e as temperaturas suaves para esta época do ano deron unha tregua ao monte galego, pero advirte que “aínda así rexistráronse lumes dos que Medio Rural non informa seguindo a política da ocultación agochando os lumes de menos de 20 ha”.

Verdes sinala que malia estas previsións o Goberno de Feijoo “non pode baixar a guardia, cando quedan por diante dous meses considerados de alto risco de incendios e os datos dos lumes rexistrados en Galicia durante o mes de xuño supoñen mais do dobre da media dos últimos seis anos”, replicou.

2011 tivemos 512 lumes

A deputada argumenta que segundo a información facilitada polo MARM e a que tivemos acceso, durante o ano 2011 e ata o mes de xuño en Galicia rexistráronse 512 lumes de menos de 1 ha, e 213 incendios de mais dunha ha, que arrasaron un total de 4337 ha, onde a superficie arbolada arrasada polas lapas multiplica por 10 ao respecto doutros anos; sendo no ano 2011 de 1416 ha fronte a media dos últimos 6 anos de 157,65 ha , mentres a superficie de matogueira e monte baixo calcinada multiplicase por 3 , sendo case de 752 ha no ano 2011 fronte a media dende o 2005 que é de 218,64 ha.

Así as cousas advirte que a intervención dos medios do Estado multiplicouse por doce na nosa Comunidade, respecto da media que é de 6 incendios nos que participaron medios do Estado no último sexenio, fronte aos 39 lumes nos que durante o ano 2011 tiveron que ser as aeronaves e as brigadas do Exército as que acudiron a auxiliar á Xunta para evitar un desastre maior no monte. Participación 102 aeronaves, que realizaron 1340 descargas , 43 brigadas helitransportadas con mais de 300 horas de voo, fronte a media dos últimos 6 anos de 9 aeronaves, 95 descargas, 2 brigadas e 26 horas de voo.

Listas do INEM

Denuncia que o Goberno de Feijoo non tiña operativo o dispositivo contra incendios con 3 millóns de euros menos para este ano, recortando persoal das brigadas, e lamenta que a día de hoxe a Consellería do Medio Rural segue sen contratar unha parte das brigadas de Seaga e segue sen cubrir as baixas ou as vacacións do persoal das brigadas do propio servicio. Tamén asevera que a Xunta “está recurrindo as listas do INEM para a contratación de xefes de brigada, cando suprimiron puntos de vixilancia e desmantelaron as brigadas de investigación”.

Reclamou á Xunta que poña en marcha e xeito urxente “os grumires estables nos concellos, que tamén traballan na realización de traballos de prevención e colaboran na extinción de incendios, cando nos orzamentos existe unha partida de 675.000 euros para a colaboración cos concellos en materia de extinción”.

E insistiu nas súas críticas “Feijoo ten que mudar as políticas para o monte con fin de buscar consenso en materia de xestión e ordenación forestal e de prevención e defensa contra incendios, consenso ao que lle tendemos unha vez mais a man os socialistas”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar