Verdes di que a Lei de Mobilidade de Terras é revisionista, sectaria e de dubidosa legalidade

Verdes di que a Lei de Mobilidade de Terras é revisionista, sectaria e de dubidosa legalidade

Verdes di que a Lei de Mobilidade de Terras é revisionista, sectaria e de dubidosa legalidade

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes anunciou no Pleno o voto en contra do PSdeG-PSOE ao proxecto de lei de mobilidade de terras. Verdes dixo que é un texto deficiente na súa técnica lexislativa, denuncia que conten incoherencias e incorreccións, e remisións abusivas a outras leis. Ademais lembra que o ditame do Consello Económico e Social (CES), no que se sinala que a normativa ten un texto mais indeterminado que o anterior á vez que confuso e mesmo de dubidosa legalidade.

Verdes dixo que o Goberno de Feijoo “opta por unha postura revisionista, partidaria e extrema como resulta derrogar na súa totalidade a Lei 7/2007”, e que “non se xustifica”, espetou. Replica ademais que sería suficiente modificar determinados aspectos puntuais da lei en vigor, “!en vez de escoller esta postura revisionista e extrema que amosa esa miopía política , como é derrogar a Lei 7/200”, subliñou.

A maiores dixo que a Lei de mobilidade de terras non mellora nin modifica substancialmente a Lei do Banco de Terras, xa que segue a mesma estructura e reproduce boa parte do articulado da Lei do Banco de Terras. E insiste nas súas criticas “o PP aseguraba que o Banco de Terras ía convertírse nun importante propietario, tachandoi de chiringuito latifundista, e sinalou que as comisións que percibía o chiringuito polas xestións como a comisión de precios ou o réxime sancionador non varían nin cunha coma”, resumiu.

A portavoz socialista argumentou que a Lei debe servir para facilitar a mobilización dos predios rústicos con vocación agraria, para resolver o problema da necesidade e de acceso á terra das persoas labregas titulares de explotacións agrogandeiras, e para permitir o redimensionamento das explotacións e a ampliación da súa base territorial e regular os mecanismos para facilitala.

Pecharon mais de 1.700 explotacións en Galicia

Verdes lembrou tamén que o Goberno de Feijoo “xa pechou mais de 1700 explotacións, cun Plan de abandono impulsado pola Consellería de Medio Rural.” Denuncia que eliminou tamén as Zonas de especial interese agrario, xa que antes era un perigo público e agora limita o potencial de actuación e a eficacia da lei e xera discriminacións entre comarcas.

Afirma que en dous anos de Goberno so teñen xustifican a visión integral que non é certa xa que non se concretan as actuacións en zonas de actuación prioritaria, que substitúen as ZEIAs e eliminan os proxectos agrarios prioritarios.

Verdes replicou que esta normativa ten moreas de indeterminacións e imprecisións como por exemplo o réxime de cesións, dos encargos de mediación, e dos contratos de cesión do uso e do aproveitamento, xa que non se concretan e cuxa fórmula contractual deberá quedar regulada , e así o expresa o propio informe da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia (AXX) e o propio ditame do Consello Económico e Social (CES). Di que existen outras indeterminacións sobre o desenvolvemento regulamentario como a que se faculta a Xunta de Galicia, sen establecer ningún prazo cando dito regulamento deber fixar entre outras cuestións as condicións e o procedemento para a cesión dos predios.

A portavoz de Medio Rural afirma que non establece novas medidas tributarias dirixidas aos arrendatarios, nin melloras ao respecto das axudas e subvencións, nin novos instrumentos a fin de favorecer o aproveitamento das terras de cultivo.

Rebaixa de ingresos

Sobre a contia orzamentaria asegura que a Consellería rebaixa as transferencias de fondos ao Banco de Terras con algo mais de 130.000 euros menos para o ano 2012, e triplican a previsión dos ingresos por prestación de servicios que están sen xustificar.

Verdes sinala que o PSdeG-PSOE non será cómplice desta chapuza, dunha lei revisionista, partidista e sectaria que xustifica a súa miopía política, unha lei que resulta deficiente na súa técnica lexislativa, e que incorre nunha manifesta ilegalidade ao non definir a entidade xestora que rexerá o Banco de Terras, cun soporte orzamentario que resulta irreal para o cumprimento dos que deberán ser os fins e obxectivos prioritarios, e que non mellora a actual lei do Banco de Terras.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar