Verdes denuncia que o goberno de Feijoo non vai compensar aos gandeiros galegos por mor da seca

Verdes denuncia que o goberno de Feijoo non vai compensar aos gandeiros galegos por mor da seca

Verdes denuncia que o goberno de Feijoo non vai compensar aos gandeiros galegos por mor da seca

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu hoxe na Comisión 7ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre as consecuencias da seca que está a padecer Galicia no sector agrogandeiro.

Alí dixo que as choivas “foron o verdadeiro dispositivo contra incendios da Xunta de Galicia para sofocar as lapas que arrasaban boa parte do noso territorio”, e relata que a situación de seca que dende que soportan as explotacións é un dos factores que mais está a afectar aos custes de producción nas explotacións tanto de leite, coma de carne, ovino, caprino, pero que tamén afectou á horta, a cultivos coma a cebola ou a faba, incluso á pataca e que está deixando ver os seus efectos na producción da castaña .

Así as cousas advirte que “esta situación lonxe de resolverse coa chegada das choivas non cambia, pero resolve a falta de reservas hídricas que sufrían moitas explotacións galegas”.

Subliña que as consecuencias da primavera tan seca afectou de xeito considerable á producción de forraxe, afectando tanto á colleita de herba seca coma a cantidade aínda que non a calidade do ensilado de herba, cunha merma do 40% na produción forraxeira.

Verdes di que arredor do 35% do millo sementado perdeuse por mor da sequía sen que chegara a nacer e a colleita deste forraxe que constitúe o 60% da ración dunha vaca de leite reduciuse nun 50%. E advirte que o incremento nos custes do gasóleo e da electricidade, sumados aos custes derivados da grave seca pon as explotacións nunha situación extrema.

A parlamentaria critica que nos orzamentos da Xunta de Galicia so dotan con 50.000 euros, para arredor de 11000 explotacións de leite e 30000 explotacións de carne. “Ese é todo o compromiso do goberno galego para cos produtores e gandeiros galegos”, denunciou.

Ademais lembra que os gandeiros franceses, desde xullo, reciben axudas para compensar as perdas ocasionadas pola seca, que inclúe axudas para a compra de cereal e forraxes, e moratorias dun ano nos prestamos e subvencións para o transporte de cereais e forraxes, que están comprando en España, o que contribúe a incrementar aínda mais os precios, que está perxudicando aos gandeiros/as galegos que non tiveron ese compromiso do goberno de Feijoo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar