Verdes denuncia que a política de prevención de incendios de Feijoo incrementou o número de lumes

Verdes denuncia que a política de prevención de incendios de Feijoo incrementou o número de lumes

Verdes denuncia que a política de prevención de incendios de Feijoo incrementou o número de lumes

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes presentou en rolda de prensa a moción que defendera no vindeiro Pleno da Cámara Autonómica sobre a política de prevención da Xunta no tocante aos incendios forestais. Afirmou que desde a chegada do PP ao Goberno da Xunta incrementáronse o número de incendios forestais e de hectáreas queimadas na nosa Comunidade, e criticou a reducción das franxas de seguridade de 100 a 50 metros, contida na proposta de Lei de Montes “esto é unha autentica temeridade”.

Verdes dixo que é necesario mudar a política de prevención da Xunta do PP e tamén a política de ordenación e xestión forestal “é necesaria unha aposta pola prevención como demandan os representantes do sector forestal”. E cualificou a política do PP como “escurantista”, xa que os lumes por debaixo dunha hectárea non se contabilizan, a pesar de que representan o 75%.

Lembrou que na pasada lexislatura realizáronse avances neste senso, e afirmou que se “rachou coa política do rédito electoral dos tempos de Manuel Fraga por unha política de investimentos e colaboracións cos Concellos mellorando o dispositivo contra incendios”. Replica ademais que se aprobou unha Lei de incendios para garantir a protección á cidadanía e do territorio fronte aos lumes.

A portavoz socialistas aseverou que a política de Núñez Feijoo é a da manguerita , e subliña que nestes dous anos fixo unha política de confrontación.

Política de recortes

Verdes fixo un relatorio da política de recortes do Partido Popular “derrogaron as UXFORD, suprimiron as axudas a miltifuncionalidade e retrasaron os pagamentos 2 anos, recortaron as axudas da PAC nun 30%, e paralizaron durante 2 anos a Lei de Montes que xa quedou consensuada para ser aprobada co conxunto do sector forestal, e suprimiron os convenios de colaboración cos concellos para a protección das franxas incumprindo a Lei de incendios sen garantir os desbroces en torno aos núcleos rurais”.

Evolución en alza dos lumes en Galicia

Coas cifras na man asegura que os datos dos lumes forestais sinalan unha evolución clara “en alza” do numero de incendios e de hectáreas queimadas dende que o Partido Popular chegou ao Goberno da Xunta. Dixo que no ano 2008 eran 2.546 lumes que afectaron a 6.335 hectáreas, e no ano 2009 pasamos a 10.700 hectáreas queimadas con 3.771 incendios, e no ano 2010 a cifra foi de 14.500 hectáreas queimadas, con mais de 3.800 lumes. Asegura que neste ano xa están queimadas mais de 2.600 hectáreas o que supón 4 veces mais que o ano pasado neste mesmo período.

Ademais tamén fixo alusión ao compromiso do Conselleiro de Medio Rural no que dixo ía que reducir os incendios por debaixo de 1.120 lumes, critica que esta cifra “xa esta superada polos 1.200 lumes que ten rexistrado a Garda Civil no que vai de ano”.

Por todo isto reclama que se mude a política de prevención de incendios da nosa Comunidade. Afirma que “unha cousa é a austeridade e outra a irresponsabilidade e a incompetencia que é o que fai o Goberno de Feijoo”, insistiu.

Mais polo miúdo replicou que a Xunta recortou a dotación en extinción de incendios “suprimiu brigadas, suprimiu 3 helicópteros das bases helitransportadas, puntos de vixilancia fixa, desmantelou as brigadas de investigación de extinción de incendios, recortou o material das brigadas e a dotación dos equipamentos para prevención”.

Dixo que o Goberno de Feijoo “esta deixando que o lume chegue as casas, mentres dilapida xa que deixou sen gastar 28 millóns de euros dos Fondos Europeos”, espetou. A maiores acusou á Xunta de levar dous anos incumprindo a lei de incendios, e lembra que no seu artigo 59 sinalase que a responsabilidade da limpeza nas franxas de seguridade ao redor de poboacións é dos propietarios, pero advirte que require que a administración autonómica destine orzamento para colaborar cos concellos neste labor.

Moción

Na moción rexistrada a Verdes insta o Goberno galego a impulsar un acordo no Consello Forestal, cos axentes do sector e os grupos representados no Parlamento para elaborar un texto consensuado da Lei de Montes e que se aprobe no próximo período de sesións. E reclama ademais un plan de emprego no rural, un plan de defensa contra incendios efectivo para 2011, e que firme este mesmo mes os acordos de colaboración cos municipios.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar