Verdes denuncia que a Lei de mobilidade de terras de Feijoo conten indefinicións da entidade xestora

Verdes denuncia que a Lei de mobilidade de terras de Feijoo conten indefinicións da entidade xestora

Verdes denuncia que a Lei de mobilidade de terras de Feijoo conten indefinicións da entidade xestora

 

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes amosou hoxe no Pleno do Cámara o rexeitamento do PSdeG-PSOE ao Proxecto de Lei de mobilidade de terras. Alí denunciou que a estratexia do Partido Popular é a de derrogar a Lei do Banco de Terras co único obxectivo de tumbar o que se impulsou na pasada lexislatura, como xa fixo coas UXFOR ou coa Lei de Montes.

Verdes asegura que esta normativa elimina o principal obxectivo da lei que é a de facilitar a mobilización dos predios con vocación agraria na procura da súa conservación e de evitar o seu abandono a través da súa posta en valor de xeito sostible para preservar os seus valores agrarios e ambientais.

Mais polo miúdo a portavoz socialista replicou cada un dos puntos polos que rexeita esta normativa. Aludiu a indefinición da entidade xestora  do Banco de Terras, deixando aberta á porta  a que o Consello da Xunta determine outro órgano e que debera quedar definido o que conleva a unha clara indeterminación. Denuncia tamén que o soporte orzamentario  é irreal, inadecuado en canto aos ingresos públicos previstos para garantir o cumplimento dos fins e obxectivos que debe perseguir a lei.

Dixo que a limitación para incorporar ao Banco de Terras os predios de descoñecidos sendo esta a principal novidade que do novo texto defendeu o Sr Conselleiro do Medio Rural.

Critica tamén a eliminación das ZEIAs sen determinar os criterios para declarar as zonas de actuación agraria prioritaria que as substitúen, nin definir as accións nin concretar as consecuencias desas accións, que tiñan que servir precisamente para mellorar o redimensionamento e a eficiencia e a competitividade das explotacións nesas zonas de actuación intensiva polos seus valores agrarios.

Verdes advirte tamén da eliminación do instrumento co que contamos para mellorar e promover a dotación de base territorial daqueles  proxectos agrarios prioritarios.

Indeterminacións e imprecisións

A deputada tamén critica as claras indeterminacións e imprecisións  sobre o réxime de cesións, que non ofrecen maiores garantías nin seguridade, nin tampouco maiores incentivos  aos propietarios  para a posta a disposición do Banco de Terras das súas terras, sendo esta a  principal fonte da que se pode nutrir o Banco de Terras. E referiuse ademais a falta de melloras nas medidas tributarias dirixidas aos arrendatarios.

Sen compromisos na mobilización das terras

A parlamentaria socialista denunciou que dende a chegada de Feijoo á Xunta non tivo ningún compromiso para a mobilización de terras, recortaron os recursos para a reordenación das estructuras agrarias, fixeron unha nefasta xestión dos recursos europeos para a reestruturar o dimensionamento das explotacións que permitira dotalas de maior eficiencia e competitividade, paralizaron as concentracións parcelarias e  nunca creron no Banco de Terras.

A portavoz socialista afirma que dende o PSdeG-PSOE cremos necesario reverter o abandono do rural e resolver  o problema de acceso as terras daquelas persoas que queren adicarse a agricultura e a gandeira.

A deputada cualifica esta lei coma de “recorta e pega”, eliminando aqueles aspectos que permitían priorizar os usos agrarios e gandeiros para a conservación da superficie agraria útil, e do redimensionamento das explotacións.

Verdes subliña que o único compromiso do Conselleiro de Medio Rural coa mobilización das terras agrarias e co Banco de Terras foi o dos recortes, 500.000 euros menos, o 31% menos  para o Banco de Terras, que serviron de escusa para desmantelalo e ir deixándoo  morrer, de 7793 fincas , 3410ha incorporados e 880 fincas cedidas en arrendamento que foi a xestión do anterior goberno do Banco de Terras en apenas un ano e medio de vida.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar