Verdes denuncia paralizacións e recortes do goberno de Feijoo para o apoio das razas autóctonas

Verdes denuncia paralizacións e recortes do goberno de Feijoo para o apoio das razas autóctonas

Verdes denuncia paralizacións e recortes do goberno de Feijoo para o apoio das razas autóctonas

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes denunciou hoxe “os 3 anos perdidos de Feijoo en materia de desenvolvemento rural e de dinamización das actividades agrarias”. Denuncia “paralizacións e recortes, é unha lexislatura perdida para o apoio das razas autóctonas”. A deputada fixo esta afirmación trala comparecencia do Director Xeral de Produción Agropecuaria na que deu conta dos programas de razas autóctonas en perigo de extinción.

Verdes dixo que o Director Xeral compareceu no Parlamento “para lavarlle a cara ao Goberno de Feijoo”, xa que advirte “en 3 anos foron incapaces de levar a cabo ningunha medida de impulso para o sector agrogandeiro, nin para as explotacións gandeiras en réxime extensivo, nin para o fomento das razas autóctonas galegas que entendemos todas elas debemos diferenciar e preservar”.

A portavoz de Medio Rural cualificou esta lexislatura “como perdida”, por mor da “incompetencia e o deslexo do goberno Galego”. E preguntou “que fixo Feijoo polo fomento das razas autóctonas?, pois o mesmo que fixo coa UTE de Bos e o programa de mellora xenética gandeira, aguzar a tixeira e desmantelar”.

A deputada denuncia que a Consellería deixou de gastar mais de 250 millóns de euros do orzamento. Asegura tamén que afogaron as explotacións de gandeiría extensiva e de razas autóctonas, “xa que non contan con axudas á recría, que achegaban ate 3.250 euros para o apoio á recría que supuxeron unha mingua importante ás explotacións bovinas de razas autóctonas”. E acusouno ademais de suprimir esas axudas “xa que na convocatoria de 2009 deixaron fóra ao 76% das explotacións por falta de crédito”.

Verdes denunciou que o Goberno de Feijoo suprimiu as axudas á multifuncionalidade, ou as axudas da PAC “que recortaron nun 30%”. Aludiu ademais as axudas do CES e de IC coas que “castigan as explotacións onde conviven o soutobosque e a gandeiría extensiva de razas autóctonas recortando cos criterios que impuxo o goberno galego dende a súa Dirección Xeral”, o que supón mais de 1000 euros as explotacións e nalgún caso concreto os recortes chegan aos 5000 euros por explotación.

Dixo que recortou 10 millóns no contrato de explotación sustentable nos orzamentos do 2012 “cando un 60% dos ingresos dependen das axudas e que son necesarias para manter e garantir a cohesión social e territorial e o futuro do Medio Rural para construír un proxecto para o país”.

Sobre as axudas para as razas autóctonas no que atinxe ao fomento de produción extensiva, a portavoz de Medio Rural afirma que recortaron as axudas no ano 2008, e deixaron fóra ao 30% das explotacións en condicións de percibir axudas, que eran 550. Sinala que estas explotacións seguen quedando fóra nas seguintes convocatorias “porque o seu compromiso foi o dos recortes, pero sen dar opción mais ca renovación dos compromisos correspondentes as solicitudes aprobadas no 2008”.

Plans de mellora e incorporación de mozos

Na mesma Comisión Sonia Verdes interveu tamén para realizar unha pregunta para coñecer os datos correspondentes ás convocatorias aos plans de mellora e para a incorporación de mozos e mozas, en relación cos expedientes que foron rexeitados na convocatoria de 2010.

Denuncia que o único compromiso de Feijoo “foi limitar o acceso as axudas, poñendo tódolos atrancos posibles, ata o punto de non ditar resolución expresa da concesión da axuda, de xeito que por desinformación limitan a posibilidade de que moitas explotacións puideran reiterar as solicitudes de axuda na seguinte convocatoria”. A maiores advirte que neste ano “aínda non renovaron a convocatoria para o ano 2012”.

Critica que a dia de hoxe “deberían ter resolto as axudas correspondentes ao ano 2011, pero segundo a información da que dispoñemos os expedientes atópanse nas oficinas de inspección comarcal, e que os sindicatos están denunciando polos datos que dispoñen moitas das explotacións van a quedar fóra das axudas”.

Asegura que hai un 60% dos expedientes que denegarían por falta de crédito, “cando os recursos están á disposición do goberno galego no PDR, para investir e facelos chegar aos seus destinatarios agricultores e gandeiros”.

Dixo que a Xunta confirmou en sede parlamentaria “o escaso compromiso cos mozos e mozas que teñen vocación de permanencia nas explotacións, e para con aqueles gandeiros/as que aínda nun momento de crise apostan pola modernización das explotacións a fin de garantir a continuidade da actividade agraria e o desenvolvemento sustentable no medio rural”.

Por ultimo asegurou que recortaron mais de 13 millóns de euros no ano 2011 para os plans de mellora, e mais de 5 millóns para a incorporación de mozos dende o ano 2009, mais de 3 en relación co ano 2010.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar