Verdes denuncia a política de recortes e temeridade en materia de prevención de incendios da Xunta

Verdes denuncia a política de recortes e temeridade en materia de prevención de incendios da Xunta

Verdes denuncia a política de recortes e temeridade en materia de prevención de incendios da Xunta

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu hoxe no Pleno do Parlamento para denunciar a política de recortes, abandono, irresponsabilidade e temeridade en materia de prevención contra incendios do Goberno de Feijoo, trala comparecencia do Conselleiro de Medio Rural na Cámara Autonómica sobre este asunto. Dixo que dende a chegada de Feijoo ao Goberno da Xunta os datos dos lumes empeoraron na nosa Comunidade.

Verdes denunciou que o pasado 25 de setembro a Consellería de Medio Rural deu por pechada a campaña dos lumes na nosa Comunidade, e prescindiu do dispositivo de reforzo de brigadas de Seaga “mandando para a casa os brigadistas”. “Quen ía apagar os lumes, quen ía garantir a defensa e a seguridade dos nosos montes?”, replicou a deputada.

 

A parlamentaria cualificou esta decisión “como unha temeridade”, xa que lembra que no ano pasado, no mes de setembro, quedaron arrasadas mais de 2000 ha en Laza, mais de 200 en Chandrexa de Queixa e mais de 550 en Boiro, que incluso afectou a núcleos de poboación.

Verdes dixo que no que vai de ano os montes galegos arderon Laza, Incio, Carballedo, Palas, Cospeito, Pobra de Trives, pero denuncia que na paxina web oficial da Xunta non había ningún tipo de información.

A portavoz socialista aludiu tamén as criticas verquidas polos sindicatos que denunciaron a falta de medios, e que obrigou a ampliar os turnos dos brigadistas “que non tiñan auga nin comida, e algúns que remataban o contrato e tiveron que abandonar a extinción”. Asevera que o Goberno de Feijoo “tiña dispositivo diezmado” e afirma “que tivo que ser o goberno do Estado, e as UMEs as que viñeron a auxiliar á Xunta, asumindo o que era competencia da Xunta”.

Agochar os lumes

Verdes explicou que incendios como o de Bande, Muíños, Boiro, A  Cañiza, Ribeira de Piquín, Vilar de Astrés, Carballeda de Avia, Laza ou Montederramo son noticia noutras Comunidades Autónomas, pero o Goberno de Feijoo agóchaos, xa que denuncia “que os medios de comunicación pública de Galicia non falan de lumes, e mentres o Conselleiro andaba de festa en festa”.

A parlamentaria afirma que a estratexia de Feijoo en materia de prevención de incendios é non falar de lumes, porque se non se fala de lumes non existen, co único fin tentar agochar os recortes, a súa nefasta e caduca política en materia de montes, xunto coa ausencia de políticas de prevención. E insistiu nas súas críticas “o Partido Popular non entende o monte como fonte de riqueza senón coma o “negocio do lume””, espetou.

Supresión de convenios

A deputada socialista dixo que a Conselleiria de Medio Rural “ocultou datos, desamantelou o Xeo Code e as brigadas de investigación, suprimiu puntos de vixilancia, desmantelou a policía autonómica, e recortou na prevención”.  Dixo tamén que o monte ardeu ao carón das casas, “xa que non se limpa”. E replica que o Goberno de Feijoo “suprimiu os convenios para os desbroces preventivos no contorno das vivendas e recortou as franxas de protección,  achegando o lume as portas das vivendas”.

Asegura que as políticas do PP “foron de austeridade para recortar na prevención, de incompetencia para xestionar os recursos, e para deixar de gastar arredor do 36% dos recursos en materia de ordenación das produccións forestais e de prevención de incendios”, resumiu.

E critica que a día de hoxe a Xunta segue sen achegar os 1,2 millóns de euros para a posta en marcha do groso dos Grumir nos concellos de Galicia.

Afirma ademais que no rural galego aínda hai  futuro, pero non coas políticas de Feijoo. E emprazou ao Goberno Autonómico a racionalizar o gasto en extinción de incendios “pero non á conta dos traballadores”. E concluíu “austeridade si, pero irresponsabilidade e temeridade non”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar