Verdes cualifica a xestión do conselleiro de Medio Rural de "despilfarro dos recursos públicos"

Verdes cualifica a xestión do conselleiro de Medio Rural de "despilfarro dos recursos públicos"

Verdes cualifica a xestión do conselleiro de Medio Rural de "despilfarro dos recursos públicos"

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu hoxe na Comisión 7ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre o custo da edición e distribución do numero dunha revista da Consellería de Medio Rural 2011. A parlamentaria socialista asegurou que o custe desta publicación supón 18.500 euros, mais de 74.000 euros nunha publicación que confirman vai ser trimestral.

A deputada denunciou que a Consellería editou unha revista cun claro afán propagandístico de 114 páxinas, a todo color, a todo luxo, con impresión fotográfica para 25000 exemplares, e que agora amorean nos departamentos da Consellería de Medio Rural.

Verdes cualificou a xestión do Conselleiro de “despilfarro dos recursos públicos”, e proseguiu “nun momento de crise e de recortes que están pagado os que soportan a crise a conta do seu propio esforzo, os agricultores e gandeiros de Galicia”, resumiu.

Ademais denunciou a constante política de recortes do Goberno de Feijoo. Dixo que as contas autonómicas “consolidan unha caída dende o ano 2010 de 136 millóns de euros o que supón unha caída dun 20,6%”.

A maiores explica que a propaganda desta Consellería “custa aos galegos mais de 500000 euros”, e mentres Feijoo “receta austeridade”. Afirma que o contido da publicación “non é mais ca propaganda para manipular e agochar a realidade de Galicia”, espetou.

E preguntou que servicio presta aos gandeiros a propaganda que fan da marca 100% leite galego, que xa nos custou aos galegos 1 millón de euros cando as explotacións galegas van perder neste ano 15000 euros e cobran 700 euros cada mes polo leite ca unha explotación media en Asturias?, insistiu.

Verdes quere saber de que lles serve aos labregos a información ao respecto da optimización dos pastos, cando a xestión deste goberno foi para recortarlles as axudas, as axudas da PAC, as axudas do CES , as axudas de IC porque cos seus criterios penalizan os pastos arbustivos e os pastos permanentes, proclamou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar