Verdes critica que a Xunta faga “balances propagandísticos” da campaña de lumes

Verdes critica que a Xunta faga “balances propagandísticos” da campaña de lumes

Verdes critica que a Xunta faga “balances propagandísticos” da campaña de lumes

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario dos socialistas galegos, Sonia Verdes, criticou hoxe que o conselleiro de Medio Rural se dedique a facer “balances propagandísticos” sobre a campaña de lumes da Xunta, en lugar de estar a traballar na prevención de incendios deste ano.

Lamentou a falla de consideración do conselleiro ao falar de “campaña favorable”, xa que en realidade “foi unha campaña tráxica, que costou a vida a dous brigadistas que traballaban na extinción dun incendio”.

Lembrou ademais que esta campaña deixou 14.000 hectáreas queimadas na nosa comunidade, “3.000 delas en Rede Natura na zona de Laza, en Ourense, de gran valor natural”.

Verdes criticou que o conselleiro “evite falar unha vez máis dos recortes orzamentarios de 24 millóns de euros” e lembrou ademais que “nas zonas queimadas polos lumes en Boiro ou Laza non se iniciaron os traballos de repoboación para a súa recuperación” o que demostra “a falla dunha política forestal axeitada” por parte da Consellería do Medio Rural.

A socialista sinalou que o conselleiro “en lugar de gabarse e de facer balances propagandísticos, debería estar traballando xa na campaña de prevención dos lumes, e asinando convenios cos concellos para a limpeza dos perímetros dos núcleos rurais, ou poñendo en marcha as tarefas de repoboación das zonas queimadas o pasado verán”.

Verdes tamén denunciou os recortes dos puntos de vixiancia fixa e o desmantelamento das brigadas de investigación. “A intencionalidade é sempre a mesma e sempre a houbo”, sinalou, “pero mentres o anterior goberno traballaba en reforzar a vixiancia e a prevención, o Goberno do PP fai propaganda da persecución aos incendiarios mentres as súas políticas de xestión van en sentido contrario”.

Por todo elo, instou ao conselleiro a “mudar a súa política de xestión dos lumes de cara a este ano” e a traballar na prevención de incendios dende agora mesmo. Anunciou ademais que os socialistas galegos presentarán iniciativas no Parlamento para garantir as políticas de xestión forestal e prevención dos lumes e demandará a inmediata sinatura dos convenios de colaboración cos concellos para a limpeza dos perímetros rurais e camiños.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar