Verdes critica o “tibio compromiso de Feijoo cos traballadores de Clesa”

Verdes critica o “tibio compromiso de Feijoo cos traballadores de Clesa”

Verdes critica o “tibio compromiso de Feijoo cos traballadores de Clesa”

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu no Pleno do Parlamento, mediante unha Proposición para reclamar á Xunta levar a cabo as actuacións que sexan necesarias para garantir a continuidade da actividade de Clesa no concello de Caldas de Reis. A proposta foi rexeitada polo Partido Popular. A iniciativa foi debatida o día 24 de maio e votada o día 25.

Verdes lembrou a dramática situación da empresa láctea que “compromete o futuro da planta e que esta á espera do pronunciamento do Xulgado número 6 do Mercantil de Madrid, para que declare o concurso de acredores e a suspensión de pagos aprobado un ERE temporal que afecta a 123 traballadores/as”. Neste punto reclamoulle ao Goberno de Feijoo que resolva urxentemente os avais para os primeiros compradores.

Dixo que dende o Grupo Parlamentario Socialista amosamos o compromiso cos traballadores/as para acadar un acordo dos tres grupos parlamentarios para traballar conxuntamente na procura dunha solución que permitira garantir a viabilidade da planta de Caldas e os 160 postos de traballo.

Así as cousas cualifica o compromiso de Feijoo neste asunto como “tibio”, xa que afirma que a “responsabilidade do goberno da Xunta tiña que estar encamiñada a liderar as accións e aproveitar esta situación para sentar as bases do grupo lácteo galego”, explicou. A deputada asevera que tras mais dun mes de tibios compromisos “hoxe convertense en incumprimentos por mor dun goberno incapaz de xestionar nada”.

Replica que o balance de Feijoo para acadar unha solución na Planta de Clesa pasa por “non presentar ningún plan de viabilidade, ningún contacto coas cooperativas, ningún compromiso financeiro, ningún contacto con Nueva Rumasa, nin cos acreedores, e tampouco nada sobre a situación do concurso e ningunha solución que ofrecer aos traballadores/as”, espetou.

A parlamentaria socialista aludiu a situación de 325 gandeiros de 325 explotacións que teñen que alimentar ao seu gando e pagar aos proveedores os piensos, os fertilizantes e que teñen que afrontar pagos da hipoteca tódolos meses e que entregaban o seu leite a Lácteos Tambre, Lácteos Terra de Montes, Pérez Olveira e Rey Sánchez e soportan débedas de entre 6.000 e 10.000 euros, dixo que estas familias “están abandonando a entregas e teñen interpostas denuncias nos xulgados reclamando os salarios que lles adebedan”.

Candidato Goldar

Asegura que o Plan do candidato Goldar pasou por “presentar un plan e moitas fotos, un álbum completiño de fotos, e o que vai de primeira comunión debe ser vostede, porque o obxectivo era que sairá vostede nas fotos e non lles importou utilizar aos traballadores/as”, denunciou. Nese senso reclamou menos fotos, mais traballo e mais compromiso cos veciños de Caldas.

Feijoo durme tranquilamente con 250.000 parados

Por ultimo denunciou que o Goberno de Feijoo durme tranquilamente con 250.000 parados, e xunto co convenio coas entidades financeiras para facilitar os avais as empresas caducado. E insistiu coas súas criticas “con mais de 1330 millóns de euros sen gastar, 256 millóns na Consellería do Medio Rural, mais de 120 da Consellería de Industria e 5 empresas ao borde do peche, xunto con 325 explotacións ao límite”. Replica que esta situación debese a incompetencia do goberno de Feijoo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar