Verdes acusa a Feijoo de recortar 22 millóns de euros na política de prevención de incendios

Verdes acusa a Feijoo de recortar 22 millóns de euros na política de prevención de incendios

Verdes acusa a Feijoo de recortar 22 millóns de euros na política de prevención de incendios

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu no Pleno da Cámara para interpelar ao Goberno de Feijoo sobre os incendios forestais rexistrados en Galicia, e nomeadamente na provincia de Ourense no ano 2011. Verdes denunciou que Feijoo recortou en 22 millóns de euros, e deixou sen gastar mais de 28 millóns de euros que son fondos europeos para cofinanciar a prevención, e que ademais permite multiplicar por 4 os recursos da Xunta e aforrar 3 euros en extinción por cada euro ben xestionado en prevención .

Replica que a Xunta non puxo en marcha ningunha medida de prevención, nin unha sola ha tratada, nin un solo km desbrozado, ningún novo proxecto nos distritos, non van a publicar as ordes de silvicultura e levan máis de dous anos sen publicar as ordes de repoboación.

A deputada lembrou a xestión da pasada lexislatura. Dixo que co Goberno de Touriño avanzábase cara a profesionalización do servicio, mellorando a información e a transmisión e introducindo as comunicacións en rede para ganar en axilidade nos sistemas de alerta, mellorando os medios técnicos, a rede de puntos de auga, incrementando os puntos de vixilancia, os medios aéreos e a maquinaria pesada.

Pola contra criticou a xestión do Conselleiro de Medio Rural. Afirma que as súas políticas están encamiñadas en contra dos propietarios, das comunidades de montes as que afogan recortándolles as axudas, tamén en contra das pequenas empresas do sector onde se perderon 6000 empregos e as que adebedan os traballos da anterior campaña, en contra dos concellos.

Verdes tamén fixo alusión ao recortes no PLADIGA, e critica que a Xunta recorte 50 brigadistas Seaga das brigadas helitransportadas, ademais suprimen 3 helicópteros das bases de Lomba, Xurés e San Xoan de Río no Distrito Valdeorras- Trives, polo que reclamou explicacións e criterios sobre estes recortes en sede parlamentaria. E insistiu “austeridade si, pero non a calquera precio”.

Convenios de colaboración cos concellos

Ademais fixo referencia á supresión dos convenios de colaboración cos concellos para os desbroces das faixas de protección en torno aos núcleos, en cumprimento da Lei incendios, para achegar 36.000 euros como máximo entre 800 e 288 €/ha, para garantir a protección dos veciños /as e os seus bens fronte aos lumes, “o que debera ser a prioridade do goberno”, espetou.

Sobre a Lei de Montes subliñou que con esta normativa “ventila dun plumazo boa parte da Lei de incendios, non para ofrecer maior seguridade, senón para dar pasos cara atrás, para desprotexer e deixar sós aos cidadáns fronte aos lumes, levantar a veda para a desprotección dos núcleos e achegar as plantacións as vivendas”, criticou.

As cifras empeoraron dende a chegada de Feijoo

Coas cifras na man asegurou que o ano pasado quedaban arrasadas polas lapas 14.546 ha, rexistrábanse 3.853 lumes que afectaron ao 4% da superficie total da nosa comunidade,
un 2,54 % eran lumes de gran tamaño de mais de 25 ha., e a superficie media por lume chegaba as 3,78 ha. A portavoz socialista asegura que estas cifras foron empeorando dende a chegada de Feijoo á Xunta. Lembra que no ano 2008 cun goberno presidido polos socialistas, rexistrábanse 2.546 lumes que afectaban a 6.335 ha da nosa Comunidade cunha media de 2,49 ha por lume. Pero advirte que no 2009, 3.971 lumes calcinaban 10.739 ha cunha media de 2,7 ha/lume, para chegar as mais de 14.500 do ano pasado neses mais de 3.800 lumes que arrasaban mais de 3,78 ha de media cada un .

Informe da Garda Civil

A maiores tamén fixo referencia ao Informe da Garda Civil no que se constata que se contabilizaron 1.200 lumes de primavera de diferente envergadura durante este ano, cunha media de 13 lumes por día na provincia de Ourense, 1.200. E insiste nas súas criticas de 2.600 ha arrasadas no que vai de ano, supoñen 4 veces mais ca o ano pasado e un 18% do total da superficie calcinada polos lumes forestais durante todo o ano 2010.

Verdes advertiu que o Conselleiro de Medio Rural “ten contas pendentes coa xustiza”. E envioulle unha mensaxe “ten qué explicar qué aconteceu en Fornelos onde os brigadistas Julio Martínez Dasilva e Rodrigo Amo González perderon a vida, cando os dous xefes de brigada están imputados e se están investigando no caso dúas causas: unha por incendio e outra por delictos contra os traballadores pola falla de seguridade nas tarefas de extinción, xa que é o responsable último”, e advertiu “dúas mortes non poden ser gratuítas, por iso Conselleiro ten que asumir a responsabilidade que é súa”, insistiu. Nese senso tamén reclamou explicacións polos incendios de Bande e Outeiro de Rei.
Recortes e paralizacións

Por ultimo dixo que a folla de ruta de Feijoo na política forestal e de prevención de incendios pasa polos recortes na dotación para vixilancia e prevención, suprimindo puntos de vixilancia e desmantelando as brigadas de investigación, os recortes na dotación e o equipamento para as cuadrillas, recortes na dotación para equipamentos de prevención, nas construccións para prevención de incendios, recortes tamén para a colaboración cos concellos en materia de prevención de 3,8 a apenas 2,6 millóns de euros, recortes no PLADIGA no persoal e material das brigadas de extinción e o peche das bases de helicópteros de Seaga.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar