Verdes acusa a Feijoo de non exercer ningún liderado nas medidas ante a seca

Verdes acusa a Feijoo de non exercer ningún liderado nas medidas ante a seca

Verdes acusa a Feijoo de non exercer ningún liderado nas medidas ante a seca

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu na Comisión 7ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre as medidas impulsadas polo Goberno de Feijoo para paliar a seca no sector agrogandeiro galego. Alí criticou que o adianto en créditos de axudas da PAC anunciada polo Goberno “non significa ningunha axuda adicional por parte da Xunta”, e acusou a Feijoo “de escoller a estratexia de renderse ante a política do Ministro de Agricultura, Arias Cañete sen exercer ningún liderado nas súas medidas ante a seca”.

E insistiu nas súas criticas “o único plan contra a seca da Xunta é preocuparse e esperar que chova”, espetou. Asegurou que as explotacións teñen perdas de entre 9.000 e 10.000 euros, sobre todo as do sector lácteo.

Verdes denunciou que nos 3 anos de Goberno de Feijoo “non se presentou ningunha medida para resolver a grave crise que padece e soporta o sector agrogandeiro galego”. Advirte que na nosa 2500 explotacións víronse obrigadas ao peche, xa que apenas o 35% das granxas venden o leite con contrato, e mentres os gandeiros galegos cobran 31,8 céntimos pola producción, os gand

eiros europeos perciben 34,7, e os do resto do Estado 33,3, o que supón que os produtores galegos cobran 2,9 céntimos menos ca o resto da UE e e 1,5 menos que os gandeiros do resto de España.

A deputada asegura que as explotacións galegas afrontaban as consecuencias da grave seca, xa que soportan perdas medias de arredor de 9000 euros, as de carne en torno aos 7000 euros por mor da seca. Lembra que a situación seca durante o 2011 fixo que diminuirá a produción forraxeira das pradeiras con mermas superiores ao 40%, o que fixo que diminuirá tamén a colleita de ensilado herba seca, diminuíndo ademais a colleita de millo en torno a un 30%.

Sinala que esta situación provocou que se incrementaron os custes de produción, por mor da a subida do prezo do gasoil, arredor dun 42%, e a electricidade nun 26%, e os pensos superior ao 27%.

A parlamentaria afirma que diante do inverno mais seco dos últimos 50 anos, as explotacións galegas están nunha situación límite, xa que as perdas que acumulan por mor da falta de choivas durante o ano 2011 “súmanse as consecuencias que de persistir a sequía sitúa as explotación galegas nunha situación insoportable, diante o deslexo, a inacción e a incompetencia do goberno de Feijoo”.

Verdes asevera que a única estratexia do Goberno do PP ante a situación da seca “é a propaganda”. E replica que no Debate do Estado da Autonomía Núñez Feijoo non plantexou ningunha medida para paliar as consecuencias da seca nas explotacións.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar