Verdes acusa á consellería de Medio Rural de colocar ao sector leiteiro galego á cola de Europa

Verdes acusa á consellería de Medio Rural de colocar ao sector leiteiro galego á cola de Europa

Verdes acusa á consellería de Medio Rural de colocar ao sector leiteiro galego á cola de Europa

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu hoxe no Pleno da Cámara para preguntar pola situación dos traballadores da planta de Clesa (Caldas de Reis). Verdes saudou en primeiro lugar ao Comité de empresa de Clesa que hoxe se atopan en Madrid para asistir a unha reunión cos administradores xudiciais no concurso. Asegura que o Goberno de Feijoo estivo “agochado e desaparecido” en todo este proceso.

A deputada dixo que en 11484 explotacións entregaron leite a decembro de 2010, e advirte que no ano 2009 había 13591 explotacións, o que supón “2000 explotacións menos a decembro de 2010”, e insistiu “esta é a súa xestión Conselleiro”.

Critica que o Goberno de Feijoo colocou ao sector leiteiro galego á cola de Europa, cando seguen a permitir os abusos das industrias e teñen tódalas competencias para poñerlles fin. Asevera que a Xunta so atendeu a resolver os problemas de 5 pequenas cooperativas “porque levaban nos dentes o carnet do PP”, antepoñendo os seus propios intereses aos do conxunto do sector leiteiro galego a conta de perder 85 postos de traballo.

Así as cousas replica que hoxe o Goberno de Feijoo ten unha nova oportunidade cando se trata dunha cuestión transcendental para o sector leiteiro galego, para que permita vertebrar e dimensionar o sector e fortalecer a posición dos productores pechando o ciclo e eliminando intermediarios.que ofrece a planta de Clesa en Caldas.

Verdes asevera que aínda non sabemos cales foron as xestións do Conselleiro para manter os postos de traballo, e para converter a Xunta nunha asesoría para xestionar un problema que é de país vital para un sector coma o lácteo que é un sector estratéxico.

E envioulle unha mensaxe a súa xestión pasa polo despilfarro de 1 millón de euro para que os gandeiros/as galegos cobren 3 céntimos menos cos veciños asturianos, 1 millón de euros para que os xornais o retraten ben, propaganda a todo luxo. E reclama explicacións polos 25000 exemplares de propaganda que estan amoreados na Consellería do Medio Rural.

Dixo que a única xestión que se lle coñece ao Conselleiro é facerlle de “palmeiro “ ao Conselleiro de industria, sen que sexa quen de abrir a boca.

Feiraco

Explica que o Conselleiro agora recoñece que o proxecto de Feiraco é o único que ofrece solvencia e experiencia e garantía de futuro, pero advirte que Feiraco non lles vale como compañeiro de viaxe “porque non levan no peto o carné do PP, porque éso foi o motivo polo que torpedearon o proxecto que lideraban para Pascual e que hoxe é o seu fracaso”, espetou.

Verdes sinalou que o que espera do Goberno da Xunta é darlle maior solvencia ao proxecto, unha participación económica, unha participación pública da Consellería do Medio Rural .

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar