Verdes: “A Xunta non ten ningunha medida para a restauración das zonas danadas polos lumes no Macizo Central Ourensán”

Verdes: “A Xunta non ten ningunha medida para a restauración das zonas danadas polos lumes no Macizo Central Ourensán”

Verdes: “A Xunta non ten ningunha medida para a restauración das zonas danadas polos lumes no Macizo Central Ourensán”

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu hoxe no Pleno do Parlamento para reclamar explicacións sobre a restauración medioambiental das zonas danadas polos lumes no Macizo Central Ourensán.

A deputada lembrou que na campaña de incendios deste ano quedaron calcinadas en Galicia 36400 ha. Dixo que este é o peor dato dende o ano 2006, e descontando ese ano , “é o peor dato dos últimos 10 anos, logo dos recortes, do abandono e da ausencia absoluta de políticas de xestión e ordenación forestal e de prevención de incendios”.

Dixo que na Serra do Xurés e no Macizo Central co monte totalmente abandonado e o dispositivo desmantelado, xa que lembrou que o Goberno de Feijoo “xa dera por rematada a campaña”, asegura que as lapas devastaron mais de 23.000 ha.

Lembrou ademais que mentres a provincia de Ourense ardía “Feijoo estaba de campaña en Argentina , Rogelio Martinez de delegado no Estadio do Bernabeu, e o Conselleiro de Medio Rural de festa e completamente desaparecido”, resumiu.

Verdes acusou ao Goberno de Feijoo de practicar o “caciquismo e o amiguismo repartindo sementes de xeito totalmente arbitrario”. Sinala que só 27 gandeirias colaboradoras do PP foron as beneficiarias destas sementes para rexenerar esta zona. E insistiu “cheira a rancio, e resulta intolerable e discriminatoria para as 5000 gandeirías que ven comprometido o seu futuro e as axudas da PAC, pola falta de zonas de pasto arrasadas polas lapas deste outono diante da manifesta incompetencia do goberno logo de dous anos de abandono”.

Criticou que o Goberno de Feijoo non presentou ningunha medida para evitar a erosión nin as escorrentías cando os ríos da provincia de Ourense se tinguían de cinza, e tampouco hai compromisos do goberno para publicar unha liñas de axuda para a restauración medioambiental das zonas afectadas.

Por ultimo a deputada propuxo un Plan integral de Restauración e dinamización no Macizo Central, “que contemple liñas de axudas en concorrencia competitiva para garantir o acceso as axudas a tódolos gandeiros/as, para rexeneración das zonas devastadas polos incendios forestais e a recuperación das zonas de pastoreo afectadas polos lumes”.

Tamén pediu que se establezan regulamentariamente as excepcións á prohibición do pastoreo nas zonas queimadas para o acceso aos pastos das explotacións afectadas, de xeito que se determinen as zonas que poden ser obxecto de tales excepcións e os criterios e compromisos que deben cumprir as explotacións.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar