Verdes: “A Lei de Mobilidade de Terras de Feijoo é revisionista, partidaria e estrema”

Verdes: “A Lei de Mobilidade de Terras de Feijoo é revisionista, partidaria e estrema”

Verdes: “A Lei de Mobilidade de Terras de Feijoo é revisionista, partidaria e estrema”

 

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu hoxe na Comisión 7ª do Parlamento para amosar o rexeitamento do PSdeG-PSOE á lei de mobilidade de terras presentada por Feijoo. Alí dixo que o Goberno do PP “esta afectado por unha grave miopía política, ten unha actitude revisionista, partidaria e estrema co único fin de  derrogar a  Lei do Banco de Terras”, como xa fixeron coas UXFOR ou coa Lei de Montes. 

Verdes asegura que o texto desta normativa é confuso, conten imprecisións e indeterminacións, e  non mellora Lei 7/2007.

Mais polo miúdo explicou os puntos polos que rexeita esta normativa;

-Resulta  deficiente na súa técnica lexislativa, con incoherencias e incorrecccións, remisións abusivas a outras leis, reiteracións e errores na redacción.

-Non describe nin define de que clase de órgano dependerá o Banco de Terras provocando unha clara indeterminación neste sentido e que conleva a manifesta ilegalidade da normativa proposta.

-Resulta inadecuado en canto á inclusión duns ingresos públicos previstos,  as “comisións” por gastos de xestión,  como gravame de dubidosa xustificación, a vez que na súa Memoria económica,  se formulan uns  recursos derivados da entrada en vigor da Lei, que resultan irreais.

-Non consegue o que debera ser o seu obxectivo principal: a mobilización dos predios rústicos con vocación agraria, en aras a resolver o problema da necesidade e de acceso á terra das persoas labregas titulares de explotacións agrogandeiras

-Elimina as Zonas de Especial Interese Agrario, que son substituídas polas denominadas Zonas de actuación agraria prioritaria, malia non formula nin o contido, nin o alcance, nin o procedemento de elaboración e execución dos plans integrais de xestión de terras e de desenvolvemento territorial.

-Elimina os proxectos agrarios prioritarios, co que se prescinde dun instrumento existente que ten como fin o de mellorar e promover a dotación da base territorial de novas explotacións

-Respecto dos inmobles vacantes ou dos predios de descoñecidos a fin de proceder a súa incorporación ao Banco de Terras, aínda de escasas dimensións e con escaso interese a fin dun maior dimensionamento  das explotacións, quedan limitados a aqueles nos que poidan establecerse fórmulas de colaboración coa Administración Xeral do Estado, coa posibilidade de incorrer nun problema competencial de non ser así e coa dificultade legal de disposición dos predios de descoñecidos .

-Non establece tampouco medidas tributarias dirixidas aos arrendatarios nin melloras ao respecto das axudas e subvencións para nutrir o Banco de Terras

En resumen para Verdes este texto “non garante o cumprimento dos fins e obxectivos que debe perseguir, nin ofrece melloras apreciables con respecto a actual Lei en vigor, xa que non recolle maior seguridade e garantías, nin maiores incentivos aos propietarios non agrarios para a posta a disposición do Banco de Terras das súas terras de cultivo”.

 

A parlamentaria dixo que dende a chegada de Feijoo ao Goberno da Xunta “non tivo ningún compromiso para a mobilización de terras, recortaron recursos para a reordenación das estructuras agrarias,fixeron unha nefasta xestión dos recursos europeos para reestructuración e o dimensionamento das explotacións que permitira ampliar a súa base territorial e dotalas de maior eficiencia e competitividade, e nunca creron no Banco de Terras”, proclamou.

Plantón do Goberno

Na citada comisión tamén foi aprazada unha pregunta (nº: 59932) do deputado Jose Manuel Lage Tuñas sobre o complexo dunar de Corrubedo. Denunciou que é a segunda vez que o Parlamento apraza esta pregunta debido aos constantes “plantóns do Goberno de Feijoo” na Cámara Autonómica, algo que a deputada cualificou como “intolerable”, e insistiu “están coartando os nosos dereitos como deputados”, dixo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar