Verdes: “A integración da Consellería do Medio Rural e do Mar ratifican o abandono de Feijoo a estes sectores”

Verdes: “A integración da Consellería do Medio Rural e do Mar ratifican o abandono de Feijoo a estes sectores”

Verdes: “A integración da Consellería do Medio Rural e do Mar ratifican o abandono de Feijoo a estes sectores”

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu hoxe no Pleno da Cámara para criticar a integración das Consellerías do Medio Rural e do Mar, trala remodelación do Goberno de Feijoo.

Verdes dixo que con esta integración menoscabase a os dous sectores estratéxicos de Galicia “dende o punto de vista económico, social e produtivo”. Así as cousas denuncia que nos tres anos de Goberno de Feijoo a Consellería do Mar “foi incapaz de poñer en marcha ningunha planta acuícola en Galicia, boicoteou a posibilidade de desenvolvemento do sector acuícola e apenas executou o 29% do orzamento”. Critica tamén que diminuíu a cofinanciación dos fondos europeos á conta de non pagarlle o seguro as mariscadoras, e de non pagar as xubilacións anticipadas, amais negoulle axudas as cofradías e as organizacións do sector.

A portavoz de Medio Rural dixo que o compromiso do PP coa agricultura e a gandeiría, co sector da pesca e coa acuicultura “é colocar ao Ministro das vacas tolas ao fronte do Ministerio de Agricultura, suprimindo a Secretaria Xeral de desarrollo rural e auga”.

Afirma que é a primeira vez en que desaparece a pesca da nomenclatura do Goberno do Estado, ademais tamén “é a primeira vez que desaparece a Consellería de Pesca no organigrama do Goberno Galego, e da primeira rexión pesqueira europea, nun momento crucial, no que nos xogamos moito nas negociacións da Política Común de Pesca (PCP)”.

A deputada replicou que tras esta remodelación “Feijoo réndese e tira definitivamente a toalla, abandonando unha vez mais aos labregos/as que loitan completamente solos pola supervivencia do noso medio rural, que representa nada menos ca o 80% don noso territorio que xestiona o 20% da poboación”. Asevera que con esta folla de ruta “o eido rural pasa a non contar nada para Feijoo”, e cualifica esta reestruturación como “un menosprecio para o medio rural”, xa que que Feijoo “abandona ao agro a súa sorte, con mais peches de explotacións, peores servicios e peor calidade de vida para os veciños/as”.

Verdes denuncia que Feijoo “suprimiu un Conselleiro, e traspasan a Dirección Xeral de conservación da natureza adscrita agora á Consellería do Medio Ambiente infraestruturas e territorio, e crean dúas Secretarías Xerais”. Por un lado crean a Secretaria de Pesca, e ascende a Secretaria Xeral do Medio Rural e Montes ao Señor Fernández Couto.

Por iso cualifica esta decisión “como unha volta as políticas do pasado, do peche de mais de 65000 explotacións en Galicia, da especulación coas cotas, das vacas tolas, da forestación agraria e o clientelismo nas políticas de incendios”.

Advirte tamén que nos vindeiros meses vanse decidir asuntos de vital interés para o agro galego e para a pesca da nosa Comunidade. Nese senso empraza ao efectivo de Feijoo a “liderar”, estas actuacións.Dixo que “cómpre que Galicia exerza ese liderato con capacidade de influencia nas decisións do goberno do Estado, e nos posicionamentos que defenda diante da UE”.

Sector Lácteo

Tamén aludiu ao “fracaso de Samuel Juarez”, co tema de Alimentos Lácteos, e acusou ao Goberno de Feijoo de “non traballar e de non implicarse na integración das cooperativas galegas”, co fin de redimensionar o proxecto, e complementalo co de Clesa que lidera Feiraco e sentar definitivamente as bases do Grupo lácteo en Galicia

Por outra banda emprazou á Xunta a “abordar o cambio normativo da lei de montes para a diversificación de actividades, e para aproveitar tódolos recursos que ofrece a rexeneración das zonas afectadas polos lumes”.

Reforma da PAC

Por ultimo referiuse a reforma da PAC “ onde hai que xogar unha batalla para que recoñeza a singularidade das explotacións galegas, xa que senón saíran moi perxudicadas”.

Verdes fixo que un balance moi negativo da Consellería de Medio Rural “con 6000 empregos que se perderon no sector forestal, cun incremento do desemprego no sector agrario do 19,64%, onde hai 7225 desempregados mais, fronte aos 5806 desempregados en 2008, con 2114 afiliados menos a Seguridade Social, e con 2500 explotacións leiteiras menos”.

Por ultimo preguntoulle á Conselleira que medidas pensa tomar sobre o paquete lácteo, si vai continuar coa política de Juarez sobre o desmantelamento dos servizos de incendios e demandou que se execute a Lei de desenvolvemento sostible no rural “xa que de non facelo, Galicia perdera un investimento de 171 millóns de euros”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar