Ve “moi grave” a denuncia de uso irregular de vehículos oficiais da Xunta e reclama “a apertura dunha investigación e a depuración de responsabilidades”

Ve “moi grave” a denuncia de uso irregular de vehículos oficiais da Xunta e reclama “a apertura dunha investigación e a depuración de responsabilidades”

Ve “moi grave” a denuncia de uso irregular de vehículos oficiais da Xunta e reclama “a apertura dunha investigación e a depuración de responsabilidades”

Lage Tuñas pide “que o conselleiro Rueda non se esconda e faga públicos os nomes dos altos cargos que utilizaron de forma fraudulenta vehículos oficiais da Xunta”

Pide explicacións ao goberno e reclama a comparecencia urxente do Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda polas irregularidades no parque móbil da Xunta


O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage rexistrou unha interpelación ao goberno para que o conselleiro da Presidencia compareza no Parlamento diante da gravidade da denuncia efectuada polos representantes dos empregados públicos da Xunta.

”Non se pode poñer o raposo a coidar das galiñas” afirma Lage Tuñas ao tempo que considera “imprescindible” a apertura dunha investigación e a conseguinte depuración de responsabilidades que desta se derive.

”Estamos diante dun asunto no que chove sobre mollado. En marzo do ano pasado xa denunciamos a utilización dos vehículos do parque móbil da Xunta para uso privado dalgúns altos cargos e persoal de libre designación do goberno galego” recorda José Manuel Lage.

”O PP está tendo unha dobre vara de medir. Non se lle pode pedir esforzos aos empregados públicos, facer recortes e seguir por outro lado mantendo privilexios como a utilización dos vehículos do parque móbil da Xunta para cargos de libre designación

O portavoz da área institucional do Grupo Socialista José Manuel Lage rexistrou no Parlamento unha interpelación ao goberno para que o conselleiro da Presidencia compareza no Parlamento diante da gravidade da denuncia efectuada polos representantes dos empregados públicos da Xunta (Xunta de Persoal dos Servizos Centrais) na que explican as graves irregularidades no uso do parque móbil da Xunta de Galicia.

Lage Tuñas reclama “a apertura dunha investigación e a conseguinte depuración de responsabilidades que desta se derive.” O parlamentario socialista recorda que “chove sobre mollado xa que en marzo do ano pasado o propio deputado denunciara daquela a utilización dos vehículos do parque móbil da Xunta para uso privado dalgúns altos cargos e persoal de libre designación do goberno galego.

Os socialistas demandan ao conselleiro da Presidencia Alfonso Rueda “que non se esconda” e consideran imprescindible “que faga públicos os nomes dos altos cargos que utilizaron de forma fraudulenta vehículos oficiais da Xunta”.

Uso indebido de fondos públicos

Lage Tuñas considera que “é preciso determinar quen usou fondos públicos para fins particulares, que é o que significa utiilizar vehículos da Xunta para uso privado, nin máis nin menos”. “Alguén será o responsable político deste uso indebido dos fondos públicos e o goberno galego non pode esconderse, ten que dar a cara”.

O raposo a coidar das galiñas

Lage considera que “non se pode poñer o raposo a coidar das galiñas” ao tempo que considera “imprescindible” a apertura dunha investigación que poña luz sobre este asunto.

O deputado do PSdeG recorda que “o PP está tendo unha dobre vara de medir. Non se lle pode pedir esforzos aos empregados públicos, facer recortes e seguir por outro lado mantendo privilexios como a utilización dos vehículos do parque móbil da Xunta para cargos de libre designación”

“Non se pode permitir o uso fraudulento de recursos públicos por parte de cargos de libre designación do Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo, tal e como denunciou a Xunta de Persoal da Xunta. Deben tomarse decisións contudentes e debe saberse que utilizou recursos púbicos de forma irregular” esixe José Manuel Lage.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar