Vázquez ve aos concellos socialistas como a última barricada contra os recortes sociais da dereita

Vázquez ve aos concellos socialistas como a última barricada contra os recortes sociais da dereita

Vázquez ve aos concellos socialistas como a última barricada contra os recortes sociais da dereita

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, pediulle ao lectorado de esquerdas que “dende a lexitimidade de que cada un pode votar ao partido que máis lle convenza, vote cun certo pragmatismo”.

Pachi Vázquez fixo estas declaracións nun almorzo informativo cos medios de comunicación en Ferrol, acompañado polo candidato á alcaldía Vicente Irisarri, onde invitou a que “o electorado progresista vote a aquelas formación que podan traducirse nun resultado real nas cámaras municipais”.

Sinalou que “o voto emocional é fundamental, pero, ademáis, ten que combinar unha parte de racionalidade, no sentido de que temos que intentar canalizar o voto para defendernos dunha dereita ultraconservadora”.

“Hai que mobilizar a ese electorado de esquerdas, xa que o da dereita está totalmente mobilizado, para poder acadar resultados moi importantes en toda Galicia”, augurou.

Os concellos como dinamizadores da economía local

O líder dos socialistas galegos reivindicou que “as administracións autonómicas e central usen aos concello como dinamizadores das economías locais”. Deste xeito lembrou que “os grande problemas dos cidadáns son as políticas de emprego e os servizos sociais”.

“Os grandes prestadores das políticas sociais son os concellos, é a Xunta de Galicia se dedica a pregoar que os axuda, cando en realidade está recortando en plans de inclusión, en axuda domiciliaria, e non abren centros de día”, aseverou.

Ademais, denunciou que “que a Xunta recortou o fondos para políticas de autoemprego e axudas aos autónomos nun 50%. O Goberno galego aportou cero euros para o autoemprego e os autónomos”. Lembrou que “as axudas de cooperación para os parados as remite o goberno Central a Galicia en función do número de parados e hai que distribuílas nas grandes cidades en función do número de parados que teñan .

Sin embargo, chamou a atención sobre “esa norma que sacou a Xunta que limita a 500.000 euros as axudas aos concellos”, teñan a poboación que teñan e tamén con independencia do número de parados. “É unha trampa do goberno de Feijoo -engadiu Vázquez- para deixar ás grandes cidades sen axudas dos plans de cooperación para a contratación de desempregados”.

Vázquez pediulle aos alcaldes que “fagan unha defensa a ultranza das políticas sociais fronte aos recortes deste goberno”.
A última barricada que queda entre a dereita conservadora que esta desmontando o estado do benestar, son os gobernos socialistas en cada concello”, concluíu.

O PSdeG presume de candidatos

Vázquez ironizou dicindo que “houbo quem quixo converterse na prima donna da campaña, mentres que a prima donna da nosa campaña son os nosos candidatos. Presumimos dos homes e das mulleres que encabezan as listas e presumimos de xestión en política municipal”.

Pola contra, lembrou Vázquez que “o PP esconde aos candidatos” ata o extremo de que “nas cidades están sacando os carteis dos candidatos e pondo os do PP, xa que si os candidatos non tiran e intentan que o fagan as siglas”.

Irisarri goberna con dialogo e acordo

Pachi Vázquez destacou que “Vicente Irisarri leva catro anos gobernando con algo que ao PP lle sona a chino, con dialogo e acordo. Vicente e un reflexo claro de como se leva un goberno de un xeito exemplar, dende a búsqueda de acordos”.

Lembrou que “os problemas de Ferrol, o sector naval o desenrolo económico, os autónomos, o turismo están perfectamente encauzados por parte do noso candidato e a súa candidatura e así o reflexan as enquisas”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar