Vázquez revela que Feijoo reuniuse con Dorribo dous meses antes de concederlle axudas por catro millóns de euros a Nupel

Vázquez revela que Feijoo reuniuse con Dorribo dous meses antes de concederlle axudas por catro millóns de euros a Nupel

Vázquez revela que Feijoo reuniuse con Dorribo dous meses antes de concederlle axudas por catro millóns de euros a Nupel

O presidente do Grupo Parlamentario dos socialistas de Galicia, Pachi Vázquez, revelou que Feijóo mantivo unha xuntanza co empresario José Dorribo dous meses antes de que o Goberno galego lle concedese a Nupel (empresa farmacéutica propiedade do empresario imputado por fraude) axudas por importe de tres millóns de euros. So uns meses despois, en marzo de 2011, a Xunta volveu a concederlle unha nova axuda, neste caso unha subvención de 1 millón de euros a fondo perdido.

Vázquez desvelouno na sesión de control do Parlamento, na que lembrou que o presidente da Xunta “ten unha clara responsabilidade na situación na que se atopa o Igape, chamado a ser o elemento de desenvolvemento económico de Galicia, e que actualmente está caracterizado por actuacións clientelares e ineficiencia. Ademais, lembrou  que o Igape  está descabezado dende que foron imputados os máximos responsables do organismo pola concesión irregular de subvencións”, precisamente á empresa Nupel de Jorge Dorribo.

“Vostede ten moito que ver, porque estando imputados os altos cargos do Igape vostede reuniuse co propietario de Nupel”, afirmou Vázquez, para pedirlle acto seguido que “confirme si mantivo algunha reunión co propietario desta empresa, cando foi esta reunión e de que tratou”.

“Son preguntas claras, concretas e que van arroxar moita luz sobre a situación na que se atopa este caso”, sentenciou Vázquez, mentres que na súa intervención Feijóo optou  por eludir dar unha resposta concreta.

Ante isto, Vázquez  espetoulle: “vostede sabe moito mais do que está contando nesta cámara. Está e ten relación co sucedido no Igape e está a ocultar unha parte moi importante da verdade, botando balóns fóra”.

“A pregunta é moi doada, ten que dicir si se reuniu co empresario que foi  posteriormente encadeado”. “Voullo dicir eu, a resposta é si. Reuniuse en outubro de 2010, e despois desa xuntanza o seu goberno concedeulle axudas por importe de catro millóns de euros (a primeira, un préstamo de 3 millóns, en decembro de 2010, e a segunda, unha subvención a fondo perdido, en marzo de 2011)”, sentenciou Vázquez. Engadiu que tamén altos cargos das consellerías de Sanidade e Facenda mantiveron xuntanzas con Dorribo antes da concesión destas axudas.

“En outubro, reunión; en decembro subvención”, afirmou o líder dos socialistas galegos. Explicou que Feijóo mantivo un encontro co empresario no mes de outubro de 2010, a instancias do deputado do PP Pablo Cobián (que ven de dimitir tras as acusacións de Dorribo), e no mes de decembro o Goberno galego concedeu a Nupel 2.900.000 euros de préstamo, e máis 900.000 euros mais no primeiro trimestre de 2011.  

Vázquez acusou a Feijóo de “ocultar datos á cámara” unha vez mais “porque non quere dicir a verdade” e esixiulle explicacións “porque ten que aclararlle a Galicia, a España e a esta cámara qué relación existe entre a súa reunión coas posteriores subvencións e coas implicacións de altos cargos do PP que foron mediadores destas xuntanzas (como Pablo Cobián), e a cambio de que se concederon estas axudas”.

“Voullo dicir eu. Houbo reunión? Houbo. Houbo subvención? Houbo. Hai imputacións? Hainas. Vostede está no medio de todo isto? Si.”, concluíu ante a falta de respostas por parte do presidente da Xunta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar