Vázquez reta a Feijoo a pactar a blindaxe do ensino público fronte aos recortes inmorais do seu Goberno

Vázquez reta a Feijoo a pactar a blindaxe do ensino público fronte aos recortes inmorais do seu Goberno

Vázquez reta a Feijoo a pactar a blindaxe do ensino público fronte aos recortes inmorais do seu Goberno

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, reclamou hoxe “un gran acordo para a defensa do ensino público en Galicia” que pasa por ir “na dirección contraria que está a tomar o Goberno de Feijóo” e  por “blindar a educación pública”.

Vázquez fixo este chamamento tras manter un encontro con federacións e asociacións de ANPAS de Vigo, que atravesan unha situación difícil “na que son os propios pais e nais os que atenden os comedores escolares e asumen responsabilidades civís e laborais, mentres o Goberno galego pasa absolutamente de todo”.

Tras escoitar as demandas dos pais e nais de Vigo, Vázquez avogou por “seguir o exemplo dunha parte moi importante da sociedade desta cidade, que está a organizarse para defender a calidade do ensino publico”. Expresou por elo o “compromiso do socialismo galego cos miles de nais e pais que queren o mais elemental: unha ensinanza que nos iguale e nos de calidade de vida”.

“Vemos como ano a ano se vai consolidando o deterioro do ensino publico en Galicia”, afirmou, “e vemos que cousas que hai tres anos parecían imposibles collen carta de natureza: retírase a gratuidade dos libros de texto, imponse a máxima de que o que non pode pagar non come nos comedores escolares, e se anuncia o copago do transporte educativo”.

Por elo, pediu ao Goberno galego “que deixe de botar balóns fóra, de enfrontar aos pais e nais co profesorado e de insultar aos profesores chamándolles vagos”,

“Non se poden reducir 1.080 profesores, reducir comedores escolares, subir o prezo das garderías e á vez afirmar que mellora o ensino público”, sinalou, para lembrar tamén que “hai concellos que ven como lles pechan aulas nos colexios públicos mentres as abren nos privados”.

Vázquez cualificou de “absolutamente inmoral” que se retiren fondos do ensino público mentres se manteñen os mesmos fondos para os colexios concertados e criticou que o Goberno galego “está a condenar a toda unha xeración a un ensino precario, incrementando as cifras de fracaso escolar con este modelo”.

Por elo, defendeu a necesidade de “blindar” o ensino público porque “a educación é o futuro da nosa sociedade e do noso país”. “Podemos facer menos beirarrúas, menos estradas e menos paseos marítimos, pero non podemos deixar de investir no noso futuro”, proclamou.

Esta blindaxe pasaría por acadar un pacto entre as forzas políticas, que os socialistas galegos proporán no Parlamento. “Traballaremos por acadar un acordo, e se hai que facer recortes nos orzamentos, que non se fagan en educación e sanidade”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar